Estudiou Medicina en Santiago, finalizando a carreira en xuño de 1881. Participou na política local da súa cidade como concelleiro no partido de Quiroga Ballesteros. Como profesional da Medicina preocupouse polo descubrimento de productos profilácticos para a curación das feridas e polas actuacións de sanidade pública ante as epidemias.
Entre as súas obras máis importantes destacan os ensaios Las preocupaciones en Medicina. Conocimientos útiles a la familia. Reglas para conservar la salud, para no dejarse engañar por los curanderos y para conocer a los médicos (1896), Estudio psicológico de la mujer lucense (1897), Defensa de las feas. Estudio social (1898) e Ligeros apuntes sobre las supersticiones de Galicia (1910). Desde el punto de vista literario destacan fundamentalmente Cousas de mulleres (1890), Paxareiras (1898), Gallegadas, con alegrías de la tierra, as obras teatrais O chufón, El socialista e O zorro e a novela longa A cruz de salgueiro.
Foi membro da Real Academia Galega.