Carmen Pura, criouse na Coruña ata os sete anos, momento no que regresou de novo a Ourense. Foi na súa cidade natal onde estudiou Primaria, o Bacharelato e Maxisterio. Despois da oposición traballou como mestra na provincia de Ourense durante tres anos e logo en escolas da provincia de Segovia, Toledo, Sevilla e Madrid. Aquí xubilouse e despois de enviuvar en 1985 regresou definitivamente a Ourense. En 1955 viaxou a Caracas (Venezuela) para organizar e rexentar un xardín de infancia no mellor Centro de Primaria de Caracas naquel entón e un ano máis tarde, en 1956, foi chamada pola Universidade Central para se-la Secretaria da Escola de Xornalismo. Regresou a España a mediados de 1968.
Comezou a escribir e publicar desde moi nova en revistas e prensa galega durante os primeiros anos do Bacharelato e sempre alternou a súa carreira como docente coa Literatura. En galego publicou: Íntimas (1952), Maturidade (1955), A saudade e outros poemas (1963), Manuel (1971), Oriolos Nereiros (1974), Monicreques (1974), Ronseles (1980), Versos para os nenos da aldea (1968), Segundo Pereira (1978), Viaxe ao país dos contos e da poesía (1985), Antoloxía (1991), Verbas na edra do vento (1992), Zodíaco, Opúsculo (1992), Man que escribiu no mar (1993), Se digo Ourense (1994), Ardente identidade (1993), A carón de min (1994), A idade dos mansíos me dobrega (1995), Orballa en tempo lento (1995) e Desmemoriado río (1997). Tamén escribiu Irmá Maior (1995), Terra matria dos soños (1996), Os Aldán foron a América (1996), Náufragos da Elexía (2001), Edras ao vento (2001), O mundo máxico das ideas (2001) e A morte rolda o mar (2002), todas elas inéditas. En castelán publicou: Peregrino de amor (1943), Márgenes veladas (1944), En torno a la voz (1948), Madrugada fronda (1951), Tiempo mío (1952), Desde la niebla (1951), Columpio de luna a sol (1951), Mañana del amor (1956), Destinos (1955), Trece poemas a mi sombra, Rondas de norte a sur (1968), Los poetas (1971), Los sueños desandados (1974), Fantasías infantiles (1980), Contacto humano del recuero (1985), Presencia de Venezuela (1966), Antología (1990), Río de la Memoria (1997) e Herida soledad hacia lo alto (1998).
En 1992 dedicáronlle o Día Internacional da Muller Traballadora e un ano máis tarde, en 1993, adxudicóuselle o premio de Creación Cultural Feminina da Xunta de Galicia. Pura Vázquez foi galardoada con moitos premios máis e recibiu numerosas homenaxes e mencións honoríficas.