Artesán en marquetería especializado en Heráldica, os seus traballos están realizados en distintos tipos de madeiras como, nogal, sapeli, castiro, roble, pino, cerdeira, etc... Non utiliza pintura ningunha, só barnices de distintas tonalidades, é un traballo totalmente artesanal polo que non utiliza tampouco ningunha ferramenta eléctrica. Leva quince anos facendo estes traballos.
Fixo dúas exposicións na Casa de Cultura de Monforte de Lemos.
Posúe unha colección dos brasóns de tódolos concellos de Galicia e tódalas capitais de España coas cidades máis importantes.