Xesús Manuel Vega Buxán


Categoría: Político e profesor
Data de Nacemento: 7 de xullo de 1951
Lugar de Nacemento: Tuiriz, Pantón (Lugo)
Teléfono: 981596316
 Currículum

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Bilbao. É profesor do Departamento de Organización de Empresas da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1973 e 1992 foi dirixente do "Movemento Comunista de Galiza", ata a súa reconversión na organización "INZAR". É deputado polo BNG no Parlamento de Galicia desde outubro de 1993 e portavoz do BNG na Comisión de Economía. Membro do Consello Nacional do BNG.