Luís Villares Naveira


Categoría: Xuiz
Data de Nacemento: 1978
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo o Diploma de Estudos Avanzados cunha investigación sobre Dereito de Consumo. Colabora con esta mesma universidade como docente no III Master en Xestión sostible do Territorio.

É Xuíz de carreira dende 2005 e exerceu como titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único da Fonsagrada entre 2007 e 2010. Nese ano aprobou a especialidade de maxistrado do contencioso-administrativo. Logo de estar destinado en comisión de servizos no Xulgado Central do Contencioso-Administrativo nº 9 da Audiencia Nacional (novembro 2010-febreiro 2011), obtivo a praza de titular no Tribunal Superior de xustiza do País Vasco, onde exerceu dende febreiro de 2011 ata abril de 2012. Posteriormente ocupou a praza de maxistrado no Xulgado Contencioso administrativo nº 2 de Lugo.

Exerceu a xurisdición na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Foi coordinador en Galicia da Asociación progresista Xuíces para a Democracia entre xuño de 2008 e abril de 2011, e novamente dende setembro de 2012 ata a actualidade. É membro fundador da Irmandade Xurídica Galega, que aglutina a diferentes profesionais do mundo do dereito que pulan por acadar a efectividade real dos dereitos lingüísticos na administración de Xustiza e no tráfico xurídico ordinario en Galicia.

Actualmente é Maxistrado do TSXG en excedencia e candidato de En Marea á Presidencia da Xunta.