Valentín Arias López


Categoría: Profesor e traductor
Data de Nacemento: 22 de abril de 1934 (†25 de marzo de 2011)
Lugar de Nacemento: Vilerma, Maside, Sarria (Lugo)
 Currículum

Despois de estudiar Primaria na "Escola Primaria de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros", creada por don Antonio Fernández López e dirixida por Avelino Pousa Antelo, cursou por libre Bacharelato Elemental e Maxisterio. Foi mestre-director da mesma (1955-65) e profesor nun centro de EXB en Vigo (desde 1969 ata a súa xubilación como docente en 1994). Impartiu numerosos cursos de lingua galega a profesores, médicos e funcionarios. Traballou na Fundación Penzol (1970-75) e foi xerente da Editorial Galaxia (1975-78). Colaborou en xornais e revistas de Galicia desde 1954. Deu charlas ou conferencias sobre educación, cultura e lingua de noso en case tódalas vilas e cidades galegas, en Salamanca, As Palmas de Gran Canaria, Xenebra, etc... Foi cofundador e directivo da Asociación de Traductores Galegos. Revisou lingüísticamente ducias de milleiros de páxinas de autores diversos para a súa publicación en galego.

 Obras realizadas

Escribiu as seguintes obras: A lingua galega na escola, A escola rural en Galicia, Lois e Sabela, Catro nenos, ¿Cómo se fai un libro?, Libro de estilo, Prontuario ortográfico de galego, Antonio Fernández López (con A. Pousa) e Avelino Pousa Antelo. Ademais, levou a cabo as seguintes traduccións: As aventuras de Tintín (Hergé), A volta ó mundo en oitenta días, Viaxe ó centro da terra e Da terra á lúa (Verne), Contos á máquina (Rodari), Voo de noite (Saint-Exupéry), O xardín (M. Duras), O estranxeiro (Camus), Marcelino pan e viño (Sánchez Silva), O conto de Serea e O hostal dos deuses amables (Torrente Ballester), Un espía chamado Sara e Memorias dunha vaca (B. Atxaga), O sobriño de Rameua (Diderot). Tamén dirixiu a tradución de O Quixote (Cervantes).

 Outros datos de interese

Colaborou co Servicio de Extensión Agraria en Sarria (1959-65). Dirixiu explotacións de froiteiras en Chantada e Outeiro de Rei (1965-68). Promoveu unha Cooperativa Escolar de Produccións Hortícolas na provincia de Lugo (1968-69). Loitou contra o franquismo nas filas do nacionalismo democrático de esquerdas.

PREMIOS: Ramón Cabanillas, Nacional e Plácido Castro de tradución, Casa Galicia (Bilbao), San Martiño (A Estrada).