Titulación e cargos que ostenta:
· Mestre de Educación Musical (ano 1994), con destino definitivo no Centro Plurilingüe do Carballiño (Ourense). Ano 2009.
· Mestre coa especialidade en Ciencias. Ano 1989.
· Grado elemental de Piano polo Conservatorio Superior de Santiago de Compostela. Ano 1991.
· Licenciado en Ciencias Matemáticas pola UNED coa especialidade en Estadística e Investigación Operativa. Ano 2011.
· Membro da Executiva da FETE-UGT de Ourense. Secretario xeral de comunicación. Ano 2010.
· Membro do Consello Escolar Municipal de Ourense en representación do MRP Escola Viva. Ano 2012.
· Actualmente investiga o protestantismo en España e cursa un Módulo de postgrado titulado “Modelización de Riesgos en Entidades Financieras”.
Cargos que ostentou:
Membro do Consello Escolar de Galiza (2005-2010).
Presidente da Federación Galega de MRPs.
Secretario da ASPGP (Associação sócio pedagógica Galaico Portuguesa).
Director do Obradoiro Musical da ASPGP.
Membro do Consello Directivo do CEFOCOP (Centro de Formación continuada do Profesorado) en Ourense.
Membro de Consello Municipal de Cultura de Ourense.
Membro da Xunta directiva da Sociedade Filarmónica de Ourense.
OBRAS:
-Libro institucional do Concello de Ourense titulado “Ourense, catro estacións”, 2010 (Coautor Demetrio Espinosa Mangana).
-Libro titulado “Pioneiros protestantes na Atenas de Galicia”, Editorial Ir-Indo 2009 (En galego).
-Libro titulado “Pioneros protestantes en la Atenas de Galicia”, Editorial Andamio 2009 (En castellano).
-Libro de Música titulado “Música na escola”, Ed Galinova (2002).
-Libros de Música de 5º e 6º da Editorial Galinova (con outros autores).
-Libro Guía do Profesorado de 5º e 6º da Editorial Galinova (con outros autores).
- Articulista habitual no xornal “La Región” Ourense (Desde 2006).
- Articulista de www.protestantedigital.com
- Articulista na revista institucional da Xunta de Galiza, SAUDIÑA.
-Articulista de www.pglingua.org. Portal galego da Lingua.
-Artigos na revista "Ensino".
-Artigos no xornal "Profesionais da Educación".
-Artigos na revista do Congreso Internacional de Animadores Socioculturais en Portugal.
-Composicións musicais para piano e cantigas para infantil e primaria rexistradas na SGAE (Sociedad General de Autores y Editores).
-Cinta e CD da Tuna de Medicina de Santiago (arranxos e dirección).
CURSOS IMPARTIDOS:
Premios e distincions:
-Forma parte dos galegos destacados no libro “Quen é quen”, publicado polo Correo Galego no 2004 e no portal www.galiciadixital.com
-Ten unha entrada na Enciclopedia Universal Ir-indo tomo 9.
-Segundo Premio como Director de Tunas en Sevilla-1991
-Primeiro Premio como Director de Tunas na Coruña-1992.
Exposicións:
-Comisario da exposición titulada “Os colportores nas terras da Galiza” ano 2011, no Centro Cultural da Deputación de Ourense, organizada pola Igrexa Evanxélica de Bonhome.
Actuacions públicas:
-Actuación co grupo Folk “Servando e contradanza”, Liceo de Ourense (setembro de 2006).
-Recitais poético-musicais celebrados no Liceo Recreo Ourensano (Salón Noble) o 15 de maio de 1998, o 18 de setembro 1998, o 16 de xuño de 2000, o 28 xuño 2001, o 13 setembro de 2002, xuño de 2003 e setembro de 2004.
-Conferencia sobre “As orixenes do protestantismo na Provincia de Ourense”, celebrada no Liceo de Ourense no ciclo de Xóvenes Investigadores o día 14 de febreiro de 2005.
Ten estudio particular en Ourense. Está casado con Marta González e ten unha filla, Jocabed.