Xesús Ferro Couselo


Categoría: Investigador, bibliotecario, arquiveiro
Data de Nacemento: 30 de xullo de 1906 (†23 de abril de 1975)
Lugar de Nacemento: Louro, Cordeiro, Valga (Pontevedra)
 Currículum

Estudiou Filosofía e Letras en Santiago e doutorouse en Madrid coa tese Los petroglifos de término y las insculturas rupestres de Galicia. Rematada a guerra civil, regresa a Ourense e ponse ó frente da Biblioteca, Arquivo e Museo Provincial, traballando ó mesmo tempo como docente no instituto ourensán. Crea o Arquivo Histórico Provincial, ordenando e clasificando toda a documentación. En 1942 creou o Grupo de Colaboradores do Museo Arqueolóxico Provincial e en 1943 publicouse o Boletín do Museo. En 1951 conseguiu instala-lo Museo Arqueolóxico e o Arquivo Provincial no antigo Pazo Episcopal. Foi membro da Real Academia Galega.

 Obras realizadas

Xesús Ferro Couselo foi un gran intelectual e investigador da cultura galega. Pronunciou varias conferencias e publicou numerosísimos artigos en distintos periódicos e boletíns, entre os que podemos destacar Museo Arqueológico de Orense. Su historia. Sus fondos y biblioteca; El Orense romano; El convento de Santo Domingo de Orense; Dos Bibliotecas y dos Bibliotecarios en Orense; A eirexa suévica no século VI. Desde Santa María Madre a la catedral; Santa Comba de Bande; El Santo Cristo de Orense; Santa María La Real de Osera; Las rutas del Sil. La Ribera sagrada; La restauración de la iglesia de San Tomé de Piñeiro; Cerámica gallega; La nueva Coelia: Celanova. Sobre la romanización del Sur de Galicia; Guía sumarísima del Museo Arqueológico Provincial de Orense e moitos máis.

 Outros datos de interese

A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas en 1996.