Desde os dous anos pasou a súa nenez e xuventude en Lugo e titulouse en Corte e Confección. Tras sufrir unha forte depresión comezou a debuxar e escribir poesía e contos. O seu poema titulado "Se ti souberas" foi editado na revista "Xistral", publicación anual do Concello de Lugo.
Escribiu e ilustrou o poemario Arrecendo dun corazón feiticeiro, o libro de narrativa poética Anaquiño de dúas vindas, o conto Caparuchiña Moura e o poemario Laios de corazón e da alma.