Antonio García Teijeiro


Categoría: Mestre e escritor
Data de Nacemento: En 1952
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Exerce como mestre de Ensino Primario e Primeiro Ciclo da ESO. Colaborou nas páxinas literarias e pedagóxicas dos xornais e revistas máis prestixiosos de Galicia, así como en diversos proxectos literarios con carácter reivindicativo. Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, imparte cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, conferencias, e ten participado en xornadas didácticas e literarias promovidas por distintas institucións. Durante oito anos dirixiu unha prestixiosa colección literaria para xoves, é autor de libros de texto e foi membro do xurado en importantes premios literarios para rapaces. Como traductor ó galego leva realizado diversos traballos dentro do eido literario infantil e xuvenil. Na actualidade codirixe o programa radiofónico de música e poesía "Os sons do silencio".

 Obras realizadas

NARRATIVA INFANTIL: A chave dos soños (Galaxia), A teima de Xan (Sotelo Blanco), Fantasía en Re Mayor (Edelvives), Sempre quenta o sol (Alfaguara), En voz baixa (Xerais), Os peixes de cores (Xerais) e Trala liña do horizonte.
POESÍA INFANTIL: As catro estacións (Galaxia), Cacarabín, Cacarabón, en castelán Versos de auga (Edelvives), Ventos (Xerais), Volando por las palabras (Edelvives), Na fogueira dos versos (Xerais), Al hilo de la palabra (Hiperión), Unha chea de aloumiños (Edelvives), Cadernos de fume (Anaya), Palabras envoltas en cancións (Galaxia), Paseniño Paseniño (Everest), Bicos na voz / Besos en la voz (bilingüe, Deputación de Málaga, Colección Caracol) e O que ven os ollos dos nenos (Xerais).
POESÍA DE ADULTOS: Retorno ós lamentos (Xerais), Nos mares diversos (Ucetag) e Na agonía dos outonos en silencio (Edicións do Castro).
Tamén é autor dos seguintes libros: Celso E. Ferreiro para nenos (Ediciones de la Torre), Celso E. Ferreiro. Estudio e Antoloxía (Xerais), Os nosos versos (Anaya), O libro na escola. As bibliotecas escolares e de aula (Consellería de Cultura) e Disfrutar escribindo. A narración e a poesía nas aulas (Anaya).

 Outros datos de interese

Varios dos seus libros foron incluídos nas listas de honra da CCEI e da revista CLIJ. Gañou o Premio Merlín en 1996 con Na fogueira dos versos, libro co que entrou na lista de honra do IBBY (1998) e foi finalista do Premio Nacional (1997). En 1998 foille concedido o Premio Europeo Pier Paolo Vergerio, promovido pola Universidade de Padua. No VI Simposio de Literatura Infantil e Lectura da FGSR o seu libro Versos de auga (en galego Cacarabín, Cacarabón) foi elixido entre "Los 100 del siglo XX". O seu libro Trala liña do horizonte foi elixido como libro asociado do "Fórum Barcelona 2004". Así mesmo, os seus poemas figuran en múltiples antoloxías tanto en galego coma en castelán. Algúns deles foron musicados por distintos grupos de Galicia.