Xesús Constela Doce


Categoría: Filólogo e escritor
Data de Nacemento: 2 de xaneiro de 1963
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Tras estudiar EXB no colexio público “Ibáñez Martín” e bacharelato no Instituto “Concepción Arenal” de Ferrol, onde gañou dous premios literarios pola súa afección á poesía, trasladouse a Salamanca para estudiar Filoloxía Inglesa. Alí, participou en pequenas revistas de creación literaria para estudiantes e descubriu a súa paixón pola literatura norteamericana. Tras licenciarse en 1986, trasladouse a Barcelona e posteriormente impartiu clases de lingua inglesa en institutos de Santiago, Ferrol, Monforte, Pontevedra e Poio, onde reside actualmente. Participou no grupo de teatro “Berenguela”, no que representaron unha pequena obra súa e outra de Manuel María por múltiples asociacións de veciños e sociedades culturais.

 Obras realizadas

Escribiu As humanas proporcións (Galaxia, 2004), libro co que conseguiu o Premio “Torrente Ballester” na súa última edición. Habitualmente, colabora no suplemento “Nordesía” do Diario de Ferrol e prepara unha nova novela.

 Outros datos de interese

Lector de prosa infatigable, Auster, Capote, Cunqueiro, García Márquez, Saramago, Asturias, Onetti, Cortázar, Imre Kertész e Unai Elorriaga son algúns dos seus escritores favoritos.