Juan Jesús Fernández Lamas


Data de Nacemento: 18 de agosto de 1971
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Realizou un curso de xoiería coa Asociación de Ourives de Santiago en 1999. A partir desa data fíxose totalmente autodidacta. No ano 2001 crea a marca ‘Silvereira’ de xoiería e bixutería artesanal en prata. No 2006 consegue a ‘Carta de artesán’ e a inscrición no ‘Rexistro Galego de Obradoiros Artesáns’. Na actualidade vende os seus deseños en máis de duascentas tendas repartidas por toda España, en especial en Galicia, Asturias e Cataluña.

 Obras realizadas

É unha das marcas escollidas para aparecer na revista ‘Moda Gallega’ de La Voz de Galicia na súa edición de outono 2006.
Ten representación en feiras nacionais coma ‘Expohogar’ (Barcelona) ou ‘Primavera Norte’ (Santiago).