Manuel Domínguez Benavides


Categoría: Literato
Data de Nacemento: 20 de abril de 1895 (†1947)
Lugar de Nacemento: Ponteareas (Pontevedra)
 Currículum

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago e traballou como funcionario de Facenda. En Madrid colabora no xornal El Liberal e confecciona a revista Estampa, que ten unha gran difusión. Afiliado ó partido socialista, ó comeza-la revolución de outubro de 1934 é levado ó cárcere e ó saír en liberdade trasládase a Francia. Pouco despois volve a España para restablece-la campaña política en favor da restauración da República pero comeza a Guerra Civil, razón pola que se exilia a México.

 Obras realizadas

Manuel Domínguez Benavides comeza a súa actividade literaria coa publicación de Lamentación (1922), En lo más hondo e Cándido, hijo de Cándido. Dos anos 30 destacan os seus dous libros de carácter político: Un hombre de treinta años e El último pirata del Mediterráneo. Durante a súa estancia en Madrid escribiu tamén dúas pezas teatrais: El protagonista de la virtud e El hombre, la mujer y el diablo. En México ocupou o cargo de secretario de redacción da revista Reconquista de España e publicou Los nuevos profetas (1942), La escuadra la mandan los cabos (1944) e Guerra y revolución en Cataluña (1946). Faleceu cando estaban a punto de publicarse as súas obras Soy del quinto regimiento e La historia se hace en Madrid.