Emigrou a Cuba ós 16 anos, onde traballou nun café e nunha tenda de roupa como cortador. Asistiu tamén a unha escola de debuxo, pintura e arte no Centro Galego da capital cubana. En 1922 realizou nesa mesma institución a súa primeira exposición, con case 25 cadros, dos que algúns xa foron mercados polo propio centro. Obtivo unha beca para a Academia de Belas Artes de Madrid. Cando a rematou presentou unha nova mostra na Habana. En 1924 conseguiu unha nova beca para estudiar en París, onde coñeceu ós grandes mestres da pintura, tanto españois como franceses, entre eles a Miró, Picasso ou Mattisse. Alí estivo ata 1931, ano en que volveu a Galicia para facer unha exposición en Vigo.
Virxilio Blanco fundou xunto co mestre Xosé Caldera Manzano, a revista literaria "ALBOREAR", da que foi redactor artístico.