Mª del Carmen Martínez Rodríguez


Data de Nacemento: 28 de decembro de 1961
Lugar de Nacemento: Cangas de Narcea (Asturias)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC, 1986) realiza a súa su formación predoutoral no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (CSIC, Santiago de Compostela). En 1992 obtén o grao de doutora pola USC coa tese “Adaptación al campo de cepas de la variedad Albariño cultivadas in vitro,” dirixida polo Dr. Mantilla.
 
En 1993 trasládase á Misión Biolóxica de Galicia (CSIC-Pontevedra) e establece a colección viva de variedades de vide de Galicia e Asturias. En outubro de 1994 incorpórase ao Etablissement National Technique pour l'Amélioration de la Viticulture (Francia), onde permanece durante dous anos. En novembro de 1996 regresa a España para incorporarse de novo á Misión Biolóxica de Galicia (CSIC). Desde1999 é científica titular do CSIC e desde 2008 investigadora científica.
 
Desde a súa volta do estranxeiro inicia a formación de mozos investigadores e técnicos, que hoxe forman parte do grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia, do que é responsable.
 
As súas liñas de investigación versan sobre a localización, descrición e conservación de variedades de vide; a selección clonal de variedades de vide minoritarias e de interese comercial e estudo da variabilidade intravarietal; caracterización ampelográfica e agronómica; cuantificación da susceptibilidade natural a Mildiu de variedades e clones de vide; caracterización anatómica e histolóxica de variedades e clones de vide e relación de estes aspectos co nivel de susceptibilidade a Mildiu e o comportamento en campo de vitis vinifera L. despois do seu paso por cultivo in vitro.
 
Dirixiu cinco teses doutorais: “Descripción ampelográfica de cepas de Vitis vinifera L., denominadas Albariño, procedentes de distintos puntos de la geografía gallega”; “Caracterización de Caíños y Tinta Femia (Vitis vinifera L.)”; “Caracteres agronómicos y de resistencia a enfermedades de diferentes clones seleccionados de la  variedad Albariño (Vitis vinifera L.)”; “Caracterización anatómica e histológica de diferentes variedades y clones de vid (Vitis vinifera L.) y posible relación entre estos aspectos y determinadas características ampelográficas, agronómicas y de resistencia a enfermedades criptogámicas” e “Caracterización de antiguas variedades de vid adscritas a determinadas zonas de Galicia y Asturias. Comparación de la morfología de sus hojas y racimos, con los que aparecen representados en los retablos barrocos de esas mismas áreas vitícolas”, así como traballos de investigación tutelados e proxectos de fin de carreira.
 
Participou en máis de vinte proxectos de investigación (doce como investigadora responsable), entre os que figuran “Cuantificación de la sensibilidad a Mildiu en variedades de vid de interés para Galicia. Mecanismos de defensa de la planta asociados a esta enfermedad” (2007-2010, Xunta de Galicia) e “Caracterización de variedades de vid gallegas y asturianas conservadas en las colecciones del Encín (IMIDRA) y Misión Biológica de Galicia (CSIC). Determinación de sinonimias, homonimias e identificación de posibles errores en ambas colecciones” (2008-2010, MICINN).
 
É responsable de  43 contratos de transferencia e experimentación de material vexetal e autora da selección de once clones da variedade Albariño e catorce clones de distintas variedades de vide asturianas. Ademais, participou na selección e patente dunha levadura ecotípica (CSIC- Bodega Terras Gauda S.A.).
 
Por outra parte, é a investigadora principal do proxecto “Estudio del potencial de las variedades Blanco Lexítimo y Agudelo (Vitis vinifera L.) en la zona de Betanzos”, financiado pola Fundación Juana de Vega.
 
É autora de máis de 84 artigos científicos, dos que 42 son SCI e de oito libros: “La vid en el occidente del principado de Asturias. Descripción ampelográfica de las variedades”,  “El Albariño: Ilustraciones sobre la variedad Albariño (Vitis vinifera L.)” ou “Los clones de Albariño (Vitis vinifera L.) seleccionados en el Consejo Superior de Investigaciones Científicas”.
 
Forma parte do grupo nacional de expertos en variedades de vide denominado Grupo de Expertos en Selección de Variedades de Vid (MARM).
 
É representante do CSIC no CERVIM (Centro Richerca Studi Valorizzioni Viticultura Montagne), membro da Sociedade Española de Ciencias Hortícolas, avaliadora da Axencia Nacional de Avaliación de Proxectos e revisora de varias revistas científicas SCI, representante española no Management Committee do COST (Cooperación Europea de Investigación Científica e Técnica), East-West Collaboration for Grapevine Diversity Exploration and Mobilization of Adaptative Traits for Breeding de Recursos Genéticos de Vid.
 
Participou en diferentes programas e proxectos de divulgación científica (Diverciencia, Ciencia en la Ciudad. ExperiCiencia, Researcher’s Nigth…).
 
En 2009 recibiu o Premio da Real Academia Galega de Ciencias ao mellor traballo de investigación dese ano polo “Estudio para la mejora de la calidad del vino Albariño”.