Paula Carballeira Cabana


Categoría: Actriz
Data de Nacemento: 7 de setembro de 1972
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

En 1993 realizou o Curso Avanzado de Lingua e Cultura Portuguesa na Facultade de Letras de Lisboa. Un ano máis tarde licenciouse en Filoloxía Hispánica, en 1995 obtivo o Certificado de Aptitude Pedagóxica e en 1998 fixo o curso ‘Especialización en Arte Dramática. Teoría e Práctica da Interpretación’.
Foi profesora nos cursos de “Animación á Lectura” organizados pola Dirección Xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia (1994-95) e presentou unha comunicación titulada “A presencia do sensorial nas acotacións de El marqués de Bradomín” dentro do Congreso Internacional “Valle- Inclán y el Fin de Siglo” organizado pola Facultade de Filoloxía da USC (1995). Participou, entre outros, nos seguintes cursos: ‘XXI Xornadas do Ensino’ (1997), ‘VII Encontros Pedagóxicos de Compostela’ (1998), “A arte de contar contos” (1998), “A oralidade na aula” (1999), “A literatura de tradición oral” (1999), “Fomento do hábito lector nos alumnos/as de E.P. (Animación á lectura)” (2000), “Os camiños das historias” (2003), “Didáctica da narratoloxía. Introducción ás técnicas do contacontos” (2004), “Animación á lectura. A tradición oral” (Dramatización) (2004), “Os camiños das historias” (2004) e “Introducción ás técnicas do contacontos” (2005).
Recibiu os seguintes cursos de interpretación teatral: “Investigación teatral sobre un conto tradicional europeo”, impartido por Manuel Lourenzo (1992), Taller de Climatoloxía Corporal (achegamento á danza butoh) impartido por Andrés Corchero (1995), Seminario de Interpretación Teatral de Javier Pérez Eguaras (1995), “A voz en situación de representación” impartido por Etelvino Vázquez (1997), “Clown” e “Bufón” impartidos por Eric de Bont (1999), “A máscara neutra”, impartido por M. del Mar Navarro (2001), “Adiestramiento físico y vocal del actor. Método Suzuki”, impartido por Kameron Steel (2003) e “Máscara física de Commedia dell arte”, impartido por Claudia Conti (2004).

 Obras realizadas

É autora das seguintes obras de teatro: “Ludovico Petos” (infantil), para Berrobambán Teatro (1997), “Unha farsa anónima” (infantil) para Captatio Benevolentiae (1998), “Carrapuchiña veloz” e “O que había que darlle a Carrapuchiña” (1999), “Movementos para trasnos e trastes” (infantil) para Berrobambán Teatro (2002), “Radio Universo” (coautora) para Chévere (2002), “Malicia” para Eme-2 produccións (2002); “Boas noites” (infantil) para Ubú Teatro (2004), “Vendetta” para Berrobambán Teatro (2004), “Que ninguén se mova” (infantil) para TV7 (2005), “Akelarre” (infantil) para TV7 (2005), “A cabana de Babaiagá” (infantil) para o Centro Dramático Galego (2006) e “Bi-nologo” para o espectáculo “Tentacular” de Chévere (2006).
Escribiu os seguintes libros infantiles: “A percura”, Edicións do Cumio (1990), “Robin e a Boa Xente” (tradución o castelán), EDB-Rodeira (1993), “Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima” (tradución ó castelán) EDB-Rodeira (1996), “Olo-iepu-iepu”, Galaxia (1999), “Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico”, Xerais (1999), “Mateo” (tradución ó castelán, vasco, catalán e coreano), Kalandraka (1999), “Paco” (tradución ó castelán, vasco, catalán, portugués e inglés), Kalandraka (2000), “Correo Urxente” (tradución ó castelán), EDB-Rodeira (2002), “Smara” (tradución ó castelán), Kalandraka (2006) e “Contatrás”, Edicións Positivas (2006).
Outros libros que escribiu son: “O ganso pardo” (Edelvives, 2002); “A era de Lázaro” (Galaxia, 2004); “Prata lavada” en “Postais do camiño” (Galaxia, 2004); “Barbazul” en “Ninguén está só” (Tris-Tram, 2001); “Fala con Clara”, en “Longa lingua” (Xerais, 2002); “Elisardo”, en “Liñas para lelas” (Grándola Nova, 1998); “O asubío do vento norte” e “Alicia sabe voar” (Anaya, 2006).
En televisión traballou en: “Apaga a luz”, “A noite en blanco”, “Pequeno hotel”, Episodio Piloto de “Pepe o Inglés”, “Rías Baixas”, “O rei da comedia”, “Máxima Audiencia”, “Contando estrelas” e “Libro de Familia”. Colaborou en varios programas de Radio Fene e da Radio Galega e como contadora de contos, desde 1994, en festivais e xornadas por todo o mundo.
Participou en montaxes infantís e para adultos, por exemplo: “Ludovico Petos” (1997), “Xuvenca e Cochón, estrelas da canción” (1999), “Diariamente” (2000), “Dous contos sen final e un final por fin” (2001), “Movementos para trasnos e trastes” (2002), “Historia dun libro” (2003), “Historia dun soldado” (2003), “Ndc” (2001) e “Vendetta” (2004). Participou como directora, actriz ou guionista en diversos espectáculos.

 Outros datos de interese

É membro do consello de redacción da revista Tantágora (dedicada á narración oral) desde xaneiro do 2005 e membro do grupo Berrobambán (desde 1997).