Víctor Salgado Seguín


Categoría: Socio-Manager do bufete Pintos & Salgado Abogados
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Twitter

Linkedin

Facebook

Google+
 Currículum

Licenciado en Dereito e Diplomado Superior en Xestión Empresarial pola Universidade CEU San Pablo de Madrid. Primeira promoción do Master en Estudos da Unión Europea da Universidade da Coruña. Defendeu a súa Tese de Licenciatura baixo o título: “Aspectos Xurídico-comunitarios sobre Internet: A Sociedade da Información” na Universidade da Coruña, obtendo a Suficiencia Investigadora como Doctorando na mesma Universidade.

Dende 1997, é Profesor da asignatura de Dereito Informático impartida na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña. É tamén socio-fundador do Capítulo Galego da Internet Society (ISOC-GAL).

En 1998, cofundou o Bufete Pintos & Salgado Abogados, especializado dende os seus inicios en Dereito Informático e Comunitario. Na actualidade, é socio-manager desta firma que xa se convertiu no máximo expoñente do Dereito das Novas Tecnoloxías en Galicia.

No ano 2000 foi incluído nas listas de Expertos da Comisión Europea para evaluar Proxectos de I+D relacionados coa Sociedade da Información e en 2008 foi recoñecido como Experto Evaluador Legal do Selo Europeo de Privacidade “EuroPrise”, auspiciado pola Comisión Europea.

En 2008, obtivo o “EuroPriSe Expert Certificate” do primeiro selo de Privacidade Europeo auspiciado pola Comisión Europea.

En 2009, foi recoñecido co “European Certificate on CiberCrime and e-Evidence” ou Certificado Europeo en Cibercrime e Proba Electrónica auspiciado igualmente pola Unión Europea.

Ten publicado unha vintena de artigos en boletíns e revistas especializadas, tanto a nivel nacional como internacional, en materias tales como os Aspectos Xurídicos do Comercio Electrónico, a lexislación en materia de Protección de Datos, os Dereitos de Autor en Internet, a Criminalidade Informática ou a regulación dos Nomes de Dominio, entre outras.

Asimesmo, impartiu máis dun cento de charlas e conferencias, en distintos foros académicos e profesionais, sobre distintos ámbitos relacionados coa súa especialidade en Dereito Informático e de Internet.