Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, ten o diploma de directivo da Xunta de Galicia. É funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior.
Foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza e Cambados, secretario-interventor da Mancomunidade de Paradanta e xefe do gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
Ano 2000: Director xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.
Ano 2006: Secretario xeral do PPdeG.
Ano 2009: Foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas eleccións autonómicas. Desde marzo de 2009 é conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Está casado e ten dúas fillas.