Miriam Noemí Ferreyra Paizal


 Currículum

Na súa cidade natal estudou o Bacharelato Elemental e iniciou os estudos de protésico dental, que non culminou ao fixar a súa residencia en España, entre Tapia de Casariego, Ribadeo e Lugo. Os seus primeiros anos dedícaos enteiramente á súa familia. Finalizado este período, dá renda solta ás súas inquedanzas artísticas. Inscríbese nas clases de pintura ao óleo, acuarela e técnicas mixtas, a partir de 2006, no obradoiro do pintor Juan Miguel de Prada, en Lugo, onde comezou a realizar, en principio, obras sinxelas dirixidas e despois evoluciona cara a temas complexos de variada temática asesorada por amigos do mundo artístico.

 Obras realizadas

-Decembro 2002: realiza a súa primeira exposición individual na Casa da Cultura de Vegadeo, con masivo apoio de público e considerable éxito de vendas.

-Febreiro de 2003: presentou a obra “As fogazas” ao II Certame de pintura de ámbito nacional que convoca a Asociación Cultural de Mulleres “La Colmena” de Cerredo, sendo seleccionada por un xurado composto por recoñecidos artistas, presidido polo profesor da Escola de Artes e Oficios, Ricardo Mojardín. Ao mesmo tempo, participa noutros certames de carácter nacional e internacional, Premio de Pintura Xunta Xeral do Principado de Asturias, Premio Internacional de Pintura FLC, Premio Nacional de La Gastronomía na Pintura “Casa Consuelo”, etc.

-2004: clausurou a súa exposición individual na Casa da Cultura Juan de Mairena de Tapia de Casariego, con moi bos resultados. En febreiro do mesmo ano, presentou a obra “Yendo al tajo”, da serie oficios, ao III Certame de Pintura de ámbito nacional, que convoca a Asociación de Mulleres “La Colmena”, sendo novamente seleccionada por un xurado composto por: Ricardo Mojardín (Pte), Natalia Pastor, o gañador do último premio Tomás Pérez Marbán e os pintores Joaquín Castro López e Elena Rodríguez Cuesta. Dentro do mesmo ano, realizou unha exposición na nova Oficina de Turismo de Ribadeo (Lugo).

-2005: exposición colectiva no “Patio de María José” en Ribadeo (Lugo), xunto a Chelo Sanjurjo (Asturias) e Riesco (Madrid).

-2006: exposición no café “Home Marín” de Tapia de Casariego e exposición na “Casa das Letras”, de Ribadeo (Lugo).

-2007: exposición colectiva de acuarela na sala de exposicións do edificio administrativo da Xunta de Galicia (Lugo), con alumnos do obradoiro do pintor Juan Miguel de Prada.

-2008: acto de cesión da obra “Indo a mar”, para a exposición permanente na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo. No mes de xullo realizou unha exposición de óleos e acuarelas na Casa da Cultura de Tapia de Casariego.

-2009: participou no I Concurso de Pintura, Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, quedando seleccionada a obra “La Meda” para a exposición itinerante nos distintos concellos da comarca.

En xullo realizou unha exposición de óleo, acuarela e técnicas mixtas no “Home Marín” de Tapia de Casariego.

-2010: participou como artista invitada á mostra de Mulleres Artistas Pintora Luguesas no Forte San Damián en Ribadeo (Lugo).

Posteriormente, e no mesmo lugar, participo una exposición de Pintoras Afeccionadas de Ribadeo.

 Outros datos de interese

O seu desexo é seguir evolucionando artisticamente, podendo alcanzar recoñecemento e prestixio coas súas obras e que sexan causa de disfrute da maior parte do público, da mesma forma que ela disfruta na súa composición.