Licenciado en Belas Artes (1990-1995) en Pontevedra.
Profesor de Debuxo de Ensinanza Secundaria e xefe de departamento desde 1999.
Realizou as seguintes exposicións:
1991: Exposición colectiva de pintura, Marín (Pontevedra) e exposición colectiva de pintura BBV en Vigo.
1992: Exposición colectiva ‘Nuevos Valores’ (Pontevedra).
1993: Exposición colectiva ‘Nuevos Valores’ (Pontevedra), exposición colectiva en Belas Artes (Pontevedra) e exposición individual en Luarca (Asturias).
1994: Exposición individual de pintura, Galería Cadia, Sanxenxo (Pontevedra).
1995: Exposición colectiva de pintura, Eidos (Ferrol).
1996: Exposición individual no Ateneo Ferrolán.
1997: Exposición individual de pintura e gravado en Área Central (Santiago).
1998: Exposición individual de debuxo e pintura no Pub Drowsky Duck (Ferrol).
2000: Exposición individual de pintura na Cervexería Cardebelle, Narón (A Coruña).
2003: Exposición individual de debuxo, pintura e gravado na Cervexería Cardebelle, Narón (A Coruña).
Foi galardoado cos seguintes premios:
1990: Primeiro Premio de Cartelismo Universidade de Vigo, Facultade de Empresariais (Vigo).
1992: Primeiro Premio de Pintura Concello de Narón (A Coruña); Primeiro Premio de Debuxo Concello de San Sadurniño (A Coruña) e Terceiro Premio de Pintura Bello Piñeiro, Mugardos (A Coruña).
1994: Segundo Premio de Pintura ‘José Domínguez Guizán’ (Lugo).
1995: Terceiro Premio de Escultura. ‘Xuve 95’ (A Coruña); Segundo Premio de Debuxo ‘Xuve 95’ (A Coruña) e Primeiro Premio de Cartelismo, Sanxenxo (Pontevedra).
1996: Segundo Premio de Debuxo ‘Xuve 96’ (A Coruña).
1997: Accésits de Escultura e Pintura ‘Xuve 97’ (A Coruña).
1998: Accésits de Escultura e Pintura ‘Xuve 98’.
2004: Segundo Premio de Pintura ‘Bello Piñeiro’, Mugardos (A Coruña).
2009: Mención de Honra no XX Certame galego de arte "José Domínguez Guizán" Begonte (Lugo).