Licenciado e graduado en Bioloxía (rama de Ecoloxía) pola Universidade de Santiago de Compostela (1979), traballou en diversas empresas desempeñando funcións de organización científica de traballo. Comezou a traballar como biólogo no cadro de persoal do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) en 1983, desempeñando diversos postos e a dirección do instituto. Foi Secretario xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) en Santiago de Compostela.
Na actividade política destaca:
1990-91: Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.
1991-95: Primeiro tenente de alcalde do Concello de Lugo e responsable das delegacións municipais de Medio Ambiente e Economía.
1995-99: Alcalde do Concello de Lugo. Na actualidade forma parte da executiva galega do Partido Popular, e é Deputado polo P.P. no Parlamento Español.
Afeccións: fotografía, música e deportes (náuticos e bicicleta). Paixóns: Lugo e a súa familia.