Realizados os estudios primarios ingresou no Seminario Menor dos PP Redentoristas en "El Espino"(Burgos) durante cinco anos.Unha vez rematado o servicio militar no Sáhara trasládase a Madrid, e ingresa en Femsa (Empresa Auxiliar del Automóvil) na que foi xefe de compras de tres divisións. Logo pasou como adxunto a director de compras de Spar Española, S.A.Regresou á Coruña fichado polo grupo Pleamar (ano 1974) como director da central de compras para cinco almacéns de distribución de alimentación. Logo pasou a almacéns Casan, S.A. (Grupo IFA) como director de compras e comercial. No ano 1981, fichárono na Central Leiteira Leyma como Director de Compras (non recollida de leite). Ó ter horario só de mañá, permitiulle realiza-lo primeiro curso de dobraxe que se fai en Galicia sendo, polo tanto, da primeira promoción de actores e directores de dobraxe. Foi profesor en varios cursos desta nova profesión en Galicia. Participou como actor e/ou director en numerosas películas e series para TV: TVG, Antena 3, Tele 5, e CANAL +, ata 1997, cando intervido do corazón se impón a retirada. Empeza a cantar á idade de 5 anos, na pequena escolanía do Padre Eugenio Barrero. Con el aprende as primeiras nocións de canto e solfexo. A ópera Werther foi a primeira na que interveu ós 6 anos. No Seminario seguiu cos estudios de solfexo e cantando no coro como solista coincidindo nos estudios co prolífico músico e compositor Ángel Barja, compañeiro de pupitre.
Ingresou na Coral Polifónica "El Eco" no ano 1958 sendo Director o Mestre Rodrigo A. de Santiago, cantando como barítono baixo. Á parte de numerosos concertos "a capella" con todo tipo de Polifonía (clásica e moderna, relixiosa e profana) fíxoo tamén coa orquestra ou banda: Cantatas, Oratorios, Ópera e Zarzuela. Intervieu nas temporadas da Coruña, Vigo e Oviedo. Dentro desas tempadas de ópera tivo ocasión de facer papeis primarios nas óperas Tosca, A Traviata, Rigoletto, Boheme, Madame Butterfly e outros de solista en obras polifónicas. Dende 1993 foi vicepresidente da Coral Polifónica "El Eco", sendo elixido presidente en decembro de 1999 e tomado posesión o xaneiro de 2000. Desde 1996, contan coa Coral Infantil que desde xaneiro de 2000 pasa a chamarse Escola Coral. Desde o seu inicio dedícalle unha atención persoal e especial.