Enxeñeira Técnica Agrícola na especialidade de Explotacións Agropecuarias, na Escola Politécnica Superior de Lugo.
Entre os anos de 1999 a 2003, ocupou a Concellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude no Concello de Friol.
Na lexislatura 2003-2007, fíxose cargo da Delegación de Cultura, Xuventude, Asuntos Sociais, Promoción do emprego e Programas Europeos no Concello de Friol. Na lexislatura actual segue a ocuparse das Áreas de Cultura, Servizos Sociais, Promoción de Emprego e Programas Europeos como edil no Concello de Friol.
É secretaria da Xunta Directiva da Asociación de Mulleres de Friol Neves do Ouroso; Secretaria da Xunta Directiva da Federación Provincial de Mulleres Rurais Andaina de Lugo; e Secretaria da Asociación “Terras do Miño”, Grupo de Acción Local do Leader+ 2000-06 da Comarca de Lugo.
Na actualidade é deputada no Parlamento de Galicia polo Partido Popular.