Ramón de Valenzuela Otero


Categoría: Escritor e profesor
Data de Nacemento: 3 de outubro de 1914 (†27 de outubro de 1980)
Lugar de Nacemento: Bandeira - Silleda (Pontevedra)
 Currículum

Cursou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago e durante algún tempo narrou, como Pepe dos Cestos, contos populares en Radio Pontevedra, teatro, etc. En 1936, sendo militante do Partido Galeguista e colaborador do Seminario de Estudios Galegos, foi mobilizado polo exército franquista pero logrou pasar á fronte republicana e incorporarse á militancia galeguista. En 1939 pasou a Francia pero foi devolto pola policía alemana ás tropas franquistas e condenado a morte, ingresando no cárcere de Ávila. Foille conmutada a pena de morte e emigrou a Arxentina. Alí traballou nas revistas "La Gaceta de Tucumán" e "Galicia emigrante". Participou activamente na vida cultural da colectividade galega.

 Obras realizadas

Traduciu para teatro as obras La camisa de Lauro Olmo e O casamento do latoeiro de Synge. Tamén publicou Non agardei por ninguén (1957), Era tempo de apandar (1980), As bágoas do demo (1964). En Arxentina deu clases de ortografía galega e formou parte das seccións culturais do Centro Galego de Bos Aires, Irmandades da Fala e Federación de Sociedades Galegas de Bos Aires. Regresou a España en 1966 e exerceu a docencia en Madrid, no barrio de Vallecas e no Círculo de Estudios Galegos. Deu numerosas conferencias sobre temas galegos.