Fixo os seus estudos na Escola Alcántara, saíndo co Grao Superior de Artes e Oficios. Aprendeu co seu pai o oficio artesán de arranxar muíños de auga, compaxinando con traballos de carpintería. Máis tarde traballou na fábrica de Aglomerados ECAR, para pasar a desenrolar de xeito autónomo labores de carpintería e restauración de muíños. Xubilouse por enfermidade aos 60 anos, dedicándose á poesía e a manter vivo o oficio de restaurador de muíños, colaborando e dirixindo a restauración de muíños antigos.
Publicouse (co autor xa finado e por desexo expreso del) o 19 de Outubro de 2011 unha escolla de poesías inéditas e outras xa publicadas na revista da sociedade “Amigos da Cidade de Mondoñedo”, titulada “Os de Sempre”, onde plasma a visión que tiña do mundo, da súa xente, daqueles que o rodeaban.