Vicente González Montoto


Pseudónimo:Vicente Montoto
Categoría: Actor de teatro e escritor
Data de Nacemento: 13 de abril de 1943
Lugar de Nacemento: Untes (Ourense)
 Currículum

Emigrou a Bos Aires e a Suíza. Participou na creación do Partido Comunista de Galicia e foi activista do Agrarismo (Sociedades Agrarias) e dos movementos de liberación sexual (Coordinadora Gay de Galicia). Ocupou o cargo de presidente da asociación de actores, entre outros. Foi secretario xeral do sindicato galego do espectáculo (CC.OO.). Traballou como actor de teatro, cine e televisión, autor teatral, traductor e director teatral. O seu primeiro traballo como actor profesional tivo lugar en Bos Aires ós 17 años na compañía de Delia Garcés e Enrique Faba.

 Obras realizadas

É autor das seguintes obras: Fedra Gómez (estreada en 1989); Pa (estreada en 1996); Zocos (con Manuel Lourenzo, estreada en 1998); Un home que se parecía a Macbeth (estreada en 1999); Ourense empalme (estreada en 1999 e publicada na "R.G.T.") e varias pezas infantís, adaptacións e traduccións.

 Outros datos de interese

Participou como actor en varias produccións do "Centro Dramático Galego" e doutras compañías. Creou a compañía de teatro "Uvegá Teatro" en 1987.