Tito Asorey


Categoría: Actor, director e docente.
 Currículum

Tito coñece o teatro da man de Ánxeles Cuña no grupo de teatro Tarumba da Universidade Laboral de Ourense. Na súa etapa universitaria (1996-1999) vincúlase á Aula de Teatro Universitaria "Maricastaña", dirixida por Fernando Dacosta, coa que participou en montaxes como Hamlet, O País das Últimas Cousas ou Conto de Inverno. No ano 2000 intégrase no elenco estable da compañía Sarabela Teatro, coa que traballou de xeito ininterrompido ata o ano 2010, participando en todas as montaxes da compañía estreados durante eses anos (O lapis do carpinteiro, Sexismunda, Así que pasen cinco anos, O Heroe, Margar no Pazo do Tempo, A Esmorga, Don Hamlet, etc). No ano 2011 pasa a formar parte do elenco da última produción de Ur Teatro, Macbeth, dirixida por Helena Pimenta. Como actor foi nomeado aos Premios María Casares no ano 2002 pola obra A conxura dos necios, galardón que recibiu no ano 2010 pola súa interpretación en A Esmorga. No ano 2014 incorpórase ao reparto da serie de televisión Serramoura, da produtora Voz Audiovisual, emitida con grande éxito pola TVG.

Paralelamente a súa experiencia como actor comeza dende o ano 2000 a súa carreira como director de escena en múltiples coletivos teatrais, como o Grupo de Teatro Tarumba, co que foi galardoado nos anos 2007, 2008 e 2010 co Premio Nacional de Teatro Joven "Buero" ao mellor espectáculo polas súas montaxes Remanente#1, Morte Don Juan, que foron representadas na sede do Centro Dramático Nacional. Dende o ano 2007 dirixe o Grupo de Teatro Muxicas, composto por actores e actrices invidentes. No ano 2010 dirixe para a compañía Teatro de Adro o espectáculo Ai Carmela!, de Jose Sanchis Sinisterra. No ano 2013 comeza a traballar como axudante de dirección na Compañía Nacional de Teatro Clásico, nas montaxes El lindo Don Diego, de Agustín Moreto, dirixida por Carles Alfaro, La noche toledana, de Lope de Vega, dirixida por Carlos Marchena, e La cortesía de España, de Lope de Vega, dirixida por Josep María Mestres.

No ano 2012 remata os seus estudos superiores en Dirección de Escena e Dramaturxia na ESAD de Galicia, e funda xunto a Melania Cruz, Fran Lareu, Fernando González e Laura Míguez a compañía ilMaquinario Teatro, coa que pon en escena o espectáculo O Home Almofada, de Martin McDonagh, espectáculo nomeado a seis premios María Casares e cuxa versión en castelán (El Hombre Almohada) estrenase no ano 2014 na carteleira madrileña. No ano 2014 dirixe a segunda montaxe desta compañía, Perplexo, de Marius Von Mayenburg, coa que acada nove nomeamentos aos premios María Casares, que se traducen en cinco premios, entre eles o de mellor espectáculo, mellor dirección, mellor iluminación e mellor tradución/adaptación.

 

FORMACIÓN

2012. Titulado Superior en Arte Dramática, especialidade en Dirección de Escena e Dramaturxia. ESAD de Galicia.

2006. Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP). Universidad Complutense de Madrid.

2005. Especialista universitario en Arquivística. UNED. F. Carlos de Amberes.

2002. Licenciado en Historia. Universidade de Vigo.

 

CURSOS REALIZADOS DE FORMACIÓN TEATRAL

Titulado Superior en Arte Dramático. Especialidade Dirección de escena e dramaturxia. ESAD de Galicia (2008-2012).

Un encuentro coa voz, a palabra e o verso, con Vicente Fuentes (2013).

A narración escénica, con Eduardo Vasco (2012).

O corpo da voz, con Vicente Fuentes (2007).

A construcción dunha personaxe, con Isabel Úbeda (2007).

Curso de movimento teatral, con Claudia Contin e Ferruchio Merisi (2007).

Novas vías para a creación escénica, con Carles Montoliú (Cia. Imprebís) (2007).

A voz en escena, con Vicente Fuentes (2006).

Curso de voz, con Vicente Fuentes (2005).

Construcción dunha personaxe, con Isabel Úbeda (2005) .

Curso de voz, con Vicente Fuentes (2004).

Acrobacia cómica, con Andrés del Bosque (2003).

A palabra escénica, con Vicente Fuentes (2003).

Comedia da Arte, con Antonio Fava (2003).

Máscara neutra, con María del Mar Navarro (2003).

A palabra escénica, con Vicente Fuentes (2001).

Para defenderse do director, con Ángel Facio (2001).

As accións por Isabel Úbeda (2001).

Aula de Teatro: proceso de traballo dunha posta en escena. Cursos de Formación do Profesorado. UNED (2001).

Formación na Aula de Teatro Universitario do Campus de Ourense. “Maricastaña” (1996-2000).

O corpo como instrumento, con Marcos Orsi (2000) .

Curso de voz, con Vicente Fuentes (2000).

O galego en escena, curso da AADTEG (2000).

Camiño cara o mimo, con Javier Millán (2000).

Iniciación ao teatro ritual, con Julian Knap (2000).

O galego en escena. Perfeccionamento. Curso da AADTEG (2000).

Climatoloxía corporal e Danza Butho, con Andrés Corchero (1999).

II Curso Internacional do Comediante, nos apartados de Traxedia e O Bufón, con Norman Taylor e Antón Valen. ESAD de Murcia (1998).

 Obras realizadas

ESPECTÁCULOS DIRIXIDOS

2015. O CORAZÓN DE AURIA, de Fernando Pedrido. EscénaTe e Crémilo.

2014. UN JUGUETE PARA MARGARITA, de María Fernanda Cosín. Escénate SL.

2014. PERPLEXO, de Marius Von Mayenburg. ilMaquinario Teatro

2014. EL HOMBRE ALMOHADA, de Martin McDonagh. ilMaquinario Teatro.

2012. O HOME ALMOFADA, de Martin McDonagh. ilMaquinario Teatro.

2010. AI CARMELA! De José Sanchis Sinisterra. Teatro de Adro.

2012. A VODA DOS PEQUENOS BURGUESES, de Bertolt Brecht. Teatro Muxicas.

2011. HISTORIA DUNHA BANCA PRIVADA, de F. Dürrenmatt. Teatro Muxicas.

2010. BABY BOOM NO PARAÍSO, de Ana Istarú. Teatro Muxicas.

2009. OS CRAVOS DE PRATA, de Nicolás Bela. Teatro Muxicas.

2009. DON JUAN, de Tito Asorey. Teatro Tarumba.

2008. LA ZAPATERA PRODIGIOSA, de Federico García Lorca. Teatro Muxicas.

2008. PCH2, de Tito Asorey. Teatro Tarumba.

2007. LA BODA, de Anton Chéjov. Teatro Muxicas.

2007. MORT, de Tito Asorey sobre la novela de Terry Pratchett. Teatro Tarumba.

2006. REMANENTE #1, de Tito Asorey sobre la novela de Fernando Lalana. Teatro Tarumba.

2005. UBÚ REI, de Alfred Jarry. Teatro Tarumba.

2004. PILLEITE, CARRAPUCHIÑA, de Carles Cano. Teatro Mutante.

2004. OS TÍTERES DO FUNGUEIRAZO, de Federico G. Lorca. Teatro Tarumba.

2003. TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL, de Roberto V. Bolaño. Teatro Tarumba.

2002. COMIDA, de Matin Van Veldhuizen. Teatro Mutante.

2002. DEUS, de Woody Allen. Teatro Tarumba.

2001. HÉRCULES E A CORTE DE AUXIAS, de F. Dürrenmatt. Teatro Tarumba.

2000. MORRER de Sergi Belbel. Teatro Tarumba.

 

AXUDANTÍAS DE DIRECCIÓN REALIZADAS

2014. LA CORTESÍA DE ESPAÑA, de Lope de Vega. Dirixida por Josep María Mestres. Compañía Nacional de Teatro Clásico.

2014. A VISITA DA VELLA DAMA, de F. Dürrenmatt. Dirixida por Melania Cruz. Teatro Muxicas.

2013. LA NOCHE TOLEDANA, de Lope de Vega. Dirixida por Carlos Marchena. Compañía Nacional de Teatro Clásico.

2013. EL LINDO DON DIEGO, de Agustín Moreto. Dirixida por Carles Alfaro. Compañía Nacional de Teatro Clásico.

2012. A VIAXE A NINGUNHA PARTE, de Fernando Fernán Gómez. Dirixida por Ánxeles Cuña. Compañía Sarabela.

2009. A ESMORGA, de Eduardo Blanco Amor. Dirixida por Ánxeles Cuña. Compañía Sarabela.

2008. CÓSIMA, de Chris Baldwin. Dirixida por Ánxeles Cuña. Compañía Sarabela.

2008. O ASOMBRO DA AUGA, de Fina Calleja. Dirixida por Sabela Gago. Compañía Sarabela.

 

EXPERIENCIA PROFESIONAL COMO ACTOR

AUDIOVISUAL

2014-2015. SERRAMOURA. Serie 1ª e 2ª tempadas. Personaxe de reparto. Voz Audiovisual.

2014. LOBOS SUCIOS. Longametraxe. Personaxe de reparto. Agallas Films.

2011. MATALOBOS. Serie 3ª tempada. Personaxe episódico. Voz Audiovisual.

2009. GONDAR.Serie 1a tempada. Personaxe episódico. Continental Prod.

2009. LEROY DÍAZ ES UN CRETINO. Curtametraxe realizada por Jesús Marzo.

2007. O LIMIA. EL RÍO DEL OLVIDO. Curtametraxe realizada por Jordi O. Romero. Producciones Ozzipiuntur.

 

TEATRO

2011. MACBETH, de William Shakespeare. Dir: Helena Pimenta. Ur Teatro.

2010. DON HAMLET, de Álvaro Cunqueiro. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro.

2010. KONRAD, de Christine Nöstlinger. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro.

2009. A ESMORGA, de Eduardo Blanco Amor. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro.

2008. O ASOMBRO DA AUGA, de Fina Calleja. Dir: Sabela Gago. Sarabela Teatro.

2008. DAME VELENO, de Ánxeles Cuña. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro.

2008. CÓSIMA, de Chris Baldwin. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro.

2008. UBÚ REI, de Alfred Jarry. Dir: Suso Díaz. La Imagina Machina.

2007. MARGAR NO PAZO DO TEMPO, de Ánxeles Cuña. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro.

2007. CRISTÓVAL E O LIBRO DAS MARABILLAS, de Fina Calleja. Dir: Fina Calleja. Sarabela Teatro.

2006. A VIAXE DE EFI, de Suso Díaz. Dir: Suso Díaz. La Imagina Machina.

2006. MACBETH de William Shakespeare. Dir: Helena Pimenta. Sarabela Teatro.

2005.O HEROE, de Manuel Rivas. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro.

2004. A GATA CON BOTAS, de Ánxeles Cuña. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro.

2004. ROLDA DE CARICIAS, de Sergi Belbel. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro.

2003. ASÍ QUE PASEN CINCO ANOS, de Federico G. Lorca. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro.

2002. A CONXURA DOS NECIOS, de John Kennedy Toole. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro.

2001. SEXISMUNDA, adaptación de “La Vida es Sueño”, de Calderón de la Barca. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro.

2001. A ILLA AMARELA, de Paloma Pedrero. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro.

2000. O LÁPIS DO CARPINTEIRO, de Manuel Rivas. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro.

2000. A PONTE DOS TEMPOS, de Begoña Muñoz. Dir: Fernando Dacosta/Suso Díaz. Sarabela Teatro.

2000. TRIVESÍA MÁXICA, de Begoña Muñoz. Dir: Fernando Dacosta/Suso Díaz. Sarabela Teatro.

1999. TRES PONTES; TRES TEMPOS, de Begoña Muñoz. Dir: Fernando Dacosta/Suso Díaz. Sarabela Teatro.

 

EXPERIENCIA DOCENTE TEATRAL

Coordinador pedagóxico do curso de formación da Joven Compañía Nacional de Teatro Clásico (2013)

Curso de teatro na Universidade de Vigo. Campus de Ourense. “O conflicto escénico” (2012)

Curso de teatro na Asociación cultural “Gargallada”. “Iniciación á Commedia dell Arte”. (2012)

Curso de teatro na Universidade de Vigo. Campus de Ourense. “Iniciación á interpretación” (2011)

Curso de teatro na Universidade de Vigo. Campus de Ourense. “O con dramático” (2010)

Curso de teatro na Universidade de Vigo. Campus de Ourense: “Atletismo afetivo” (2008-2009)

Curso de teatro na Universidade de Santiago de Compostela. Campus de Lugo. “O actor en escena” (2007)

Curso de teatro na Universidade de Vigo. Campus de Ourense. “O corpo decidido” (2006)

Entrenamiento para actores na Aula Universitaria de Teatro Infantil de Ourense (2005-2006)

Curso de teatro na Universidade de Vigo. Campus de Ourense. “Commedia dell'Arte: tipos e canovacci” (2002)

Curso de teatro “Apuntes sobre Comedia”. Casa da Xuventude de Ourense (2002).

Axudante de dirección da Aula de Teatro Infantil da Universidade de Ourense (2005-2006)

Profesor de teatro na Universidade Laboral de Ourense, no grupo “Teatro Tarumba” (2000-2009).

Director e docente de teatro na ONCE de Ourense (2006-2014).

Profesor de teatro no colexio “Curros Enríquez”, de Celanova (2004-2007)

 

PREMIOS RECIBIDOS

COMO DIRECTOR DE ESCENA:

Premios MARÍA CASARES á mellor dirección, iluminación e tradución/adaptación por PERPLEXO, de ilMaquinario Teatro (2015).

Premio MARÍA CASARES ao mellor espectáculo por PERPLEXO, de ilMaquinario Teatro (2015).

Nomeado ao Premio MARÍA CASARES como mellor director, adaptador e HOME ALMOFADA (2014).

Nomeado ao Premio María Casares como mellor espectáculo por O HOME ALMOFADA (2014)

Premio Nacional “Buero” de Teatro Joven ao mellor espectáculo por DON JUAN, con Teatro Tarumba (2010).

Premio Autonómico “Buero” de Teatro Joven á mellor dramaturxia por DON JUAN, con Teatro Tarumba (2010).

Premio do Público na 5ª Mostra de Teatro de Miño por DON JUAN con Teatro Tarumba (2010)

Premio nacional “Buero” de Teatro Joven á Mellor dirección e ao mellor espectáculo por Mort, con Teatro Tarumba (2008).

Premio do público na 4a Mostra de Teatro de Miño por MORT con Teatro Tarumba (2009).

Premio Nacional “Buero” de Teatro Joven á mellor dirección e ao mellor espectáculo por REMANENTE#1, con Teatro Tarumba (2007).

Premios do público nas Mostras de Teatro de Enseñanzas Secundarias de Ourense por PCH2, MORT e TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL (2008, 2007 e 2003).

Premios á mellorobra nas Mostras de Teatro de Enseñanzas Secundarias de Ourense por PCH2, REMANENTE#1, UBÚ REI, OS TÍTERES DO FUNGUEIRAZO e DEUS. (2008, 2006, 2004, 2002).

Premio á Mellor Obra da Campaña de Normalización Língüística “Entre nós, en galego” por TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL (2003).

3º Premio de Teatro Xuventude 2002 por COMIDA con Teatro Mutante (2002).

 

COMO ACTOR:

Premio MARÍA CASARES ao mellor actor secundario por A ESMORGA, de Sarabela Teatro (2010).

Premio do Festival de Teatro Gallego (FETEGA) como mellor actor por UBÚ REI da compañía La Imagina Machina (2008).

Nomeado ao premio MARÍA CASARES ao mellor actor secundario por A CONXURA DOS NECIOS, de Sarabela Teatro (2003).

 Outros datos de interese

Outra faceta que destaca na súa carreira profesional é a súa adicación á docencia teatral en varias institucións como a Aula de Teatro da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), a Aula de Teatro da Universidade de Santiago (Campus de Lugo), así como moi diversas asociacións culturais e centros educativos.

Actualmente está cursando estudos do Máster en Artes Escénicas (especialidade en Estudos Literarios e Teatrais) na Universidade de Vigo.