Realizou estudos de EXB e obtivo a titulación de transportista interior de mercancías. Está en posesión da Carta de Artesán nº 1042.
Traballou nas canteiras privadas familiares desde 1969 ata 1975. Creou a súa propia empresa de transportes e distribución de bebidas e piensos ó por maior en 1977, que aínda está en funcionamento. En 1992 colaborou coa empresa “Renobaçäo Ambaixada Galega da Cultura” en Madrid para a elaboración dun programa de arqueoloxía que despois foi vendido á revista “Arqueología” e a “TVE2”. Ó mesmo tempo exerce como artesán escultor desde 1994, para o que obtivo a súa formación traballando como axudante do coñecido escultor Fandiño en Sarria (Marmolería Manosa).
Fixo os seguintes cursos:
1993. Curso de mecanografía.
2002. Curso de formación “El comercio de reproducciones de arte”.
2002. Curso “Barcelona - Visitas y conferencias sobre Gaudí”.
2002. Curso “Gaudí”.
2003. Curso “Jornadas de tendencias y diseño en artesanía”.
2005. Curso “Prevención de riesgos laborables en pequeñas y medianas empresas”.
2006. Curso “Patrimonio, turismo y desenvolvimiento Local”.
Páxina web: www.museodapedra.com