Emma Ríos Maneiro


Pseudónimo:Emma Ríos
Categoría: Ilustrador
Data de Nacemento: En 1976
Lugar de Nacemento: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

É arquitecta e aparte da arquitectura traballa no campo da ilustración e do tebeo. Foi responsable da miniserie ‘APB a prueba de balas’ e colaborou en diversos fanzines como 'O Fanzine das Xornadas de Ourense' (2001 e 2005), ‘Barsowia’, ‘Carne Líquida’, ‘Puñetas desde o Atlántico’, etc...
Colaborou na Revista Dos Veces Breve "Especial autoras", no álbum ‘H2Oil’ e na revista ‘Caña’.
Tamén traballou coa axencia de publicidade de ‘Sra.Rushmore’ como ilustradora para unha campaña de Ron Cacique (2005) e como ilustradora na revista francesa de Rol e Ci-Fi ‘Casus Belli’ (números 37 e 38).
Realizou un ‘Sketchbook’ monográfico na revista belga ‘L’inèdit magazine’ no especial para o salón de ‘Angouleme 2005’ e no especial terror ‘Andenne 2005’; ‘Pin up Sam and Twitch’ para o especial de ‘Spawn (Marzo 2006) de edicións Delcourt e ‘Pin up’ da serie ‘10th muse’ para Bluewater Productions.

 Obras realizadas

Foi galardoada co primeiro premio do concurso de Arteixo (1998) e co terceiro premio do certame de Banda Deseñada de Ourense (2004).
Foi invitada a Angoulême polo expositor do fanzine ‘L'inédit’ (2006) e ó salón de Andenne (Bélxica) (2005 e 2006).
Impartiu unha conferencia sobre orientación profesional para alumnos de 2º de bacharelato como debuxante de cómic no Instituto politécnico de Vigo (Febreiro, 2005).
Realizou as exposicións de orixinais no ‘Viñetas do Atlántico 2000’ sobre autores noveis galegos; ‘O chapapote móvese’ (2003);’Polaqia en llamas’, ‘Viñetas desde o Atlántico’ (2006) e ‘Proxecto entre-cruzar’ (2006).