José Luis Novo Cazón


Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 12 de decembro de 1949 († 6 de novembro)
Lugar de Nacemento: Noche, Vilalba (Lugo)

Opinión
 Currículum

Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Oviedo, na que obtivo o título con premio extraordinario. Doutor en Historia pola Universidade de Oviedo, sendo bolseiro do Instituto "Jerónimo Zurita" do CSIC para a elaboración da tese de doutoramento. Foi profesor axudante na Universidade de Oviedo nos primeiros anos da década dos setenta. Catedrático de Xeografía e Historia de Institutos Nacionais de Bacharelato. Foi subdirector xeral do Libro, Bibliotecas e Patrimonio Documental da Xunta de Galicia (1984-88) e director xeral de Educación Básica da Xunta de Galicia (1987-90). Foi xefe do Departamento de Xeografía e Historia do IES "A Nosa Señora dos Ollos Grandes" en Lugo. Foi Presidente do Instituto de Estudios Chairegos.

 Obras realizadas

Escribiu varios libros entre os que destacan: Loio: de monasterio fructuosiano a encomienda santiaguista (Lugo, 1984), El priorato santiaguista de Vilar de Donas en la Edad Media (1194-1500) (A Coruña, 1986), O legado santiaguista de Vilar de Donas (Santiago, 1989), Luis Pérez Novo (Novo, 1997), Un xeito de olla-la obra escultórica de Víctor Corral Castro (Citania de Publicacións, 2001), A Memoria de Vilalba (Vigo, 2006), e A cidade e o conto de Lugo na Idade Media, en Historia de Lugo, Vía Láctea (no prelo). É autor de estudios críticos en revistas ("Estudios Mindonienses", "Lucensia", "Cátedra"...) e en xornais como El Progreso de Lugo. Deu numerosas conferencias.

 Outros datos de interese

Foi premio de Investigación Histórica, concedido polo Mec en 1984. Foi vocal do consello directivo da revista "Estudios Mindonienses e membro do Consello de Fábrica da Catedral de Mondoñedo é asesor histórico en obras de restauración do Patrimonio Arquitectónico.