Olalla Salgado


Categoría: Actriz
 Currículum

Formouse durante cinco anos na Aula de teatro de Roberto Leal. Realizou cursos de entrenamento actoral, roles e rexistros, clown, teatro musical, interpretación ante a cámara, obradoiro coreográfico para actores, técnica base para danza contemporánea e expresión corporal, impartido por Carlos Neira.

 Obras realizadas

Participou nas seguintes películas: “El año de la garrapata” (Jorge Coira), “Ilegal” (Ignacio Vilar), “La rosa de Alejandría” (Rafael Moleón), “Corto de café” (J. A. Perozo), “Saudade” (E.I.S. Vigo), “La emisora” (Matías Losada) e “Motion” (Fraga Maldita). Actuou nas series de televisión “A vida por diante”, “Rías Baixas”, “Pequeño hotel” e “Fíos”.
Fixo as seguintes obras de teatro: “Negro e negro”, “Di pinto di blue”, “La piel que todo lo cubre”, “Cortos de teatro” no Matarile Teatro (Directora: Ana Vallés); “La casa de Bernarda Alba”, “O que tal nos fixo Adam”, “O soño de Hollywood” e “Camiño das estrelas” no Teatro Minerva (Director: Roberto Leal).
Café teatro: “Banalidades ováricas”, Tacón Teatro (Socorro Vedo); “Leality show”, Teatro Minerva (Fefa Noia); “Entreacto”, Teatro Minerva (Roberto Leal) e “Jenny y el zepellin”, Teatro Minerva (Roberto Leal). Tamén realizou montaxes teatrais para exposicións: “Fundación E. Granell”, “La camara negra”, “Entreacto”, “Collage”, “Kafka” e “Alicia en el país de carballido”.

 Outros datos de interese

Fala galego, inglés e portugués e practica a patinaxe artística.