Doutora en Lingüística pola Universidade de Santiago de Compostela, imparte alí docencia nas Facultades de Filoloxía e Filosofía.
Como investigadora tense ocupado do impacto da globalización nas linguas minorizadas e de cuestións de Epistemoloxía da linguaxe: “Universales del lenguaje y linguo-diversidad”, Barcelona, Ariel (2001); “La lingüística en el conjunto del conocimento”, Lugo, Tris-Tram (2002); especialmente da cuestión da gradualidade na linguaxe, sobre a que versou a súa tese doutoral.
Como narradora, ten publicado novela: “A xeira das árbores”, Sotelo Blanco (2004), “Herba moura”, Xerais (2005), e ensaio: “Outro idioma é posible”, Galaxia (2005), “A palabra das fillas de Eva”, Galaxia (2005).
Parte desta obra foi traducida dende o galego a outras linguas.