Félix Rubial Bernárdez


Data de Nacemento: En 1968
 Currículum

É licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago e especializouse en medicina preventiva e saúde pública. Posúe un máster en saúde pública pola Escola Nacional de Sanidade, un máster en dirección e administración de empresas (MBA) pola Universidade da Coruña, e un máster en avaliación de tecnologías sanitarias pola Universidade de Santiago de Compostela e a Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS). Así mesmo, realizou diversos cursos de perfeccionamento.

Félix Rubial conta cunha ampla experiencia profesional no eido da sanidade, que iniciou no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Posteriormente desempeñou o cargo de director médico do Hospital da Costa (Burela) e no Complexo Hospitalario Xeral-Calde; e entre 2005 e 2006 foi subdirector médico no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Entre 2006 e 2009 foi o director operativo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela; e desde 2009 e ata a actualidade exerceu como director médico do Complexo Hospitalario Xeral-Calde – Hospital Lucus Augusti.

Así mesmo, ten participado en distintas actividades de formación promovidas pola FEGAS, fundamentalmente no ámbito da xestión de servizos sanitarios, e máis concretamente no terreo da xestión de pacientes no ámbito hospitalario e a dirección de institucións sanitarias; así como en diversas mesas e foros como relator.

En xaneiro de 2012 foi nomeado director de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.