Mª Luisa Castro Cerceda


Data de Nacemento: 20 de decembro de 1955
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciatura en Ciencias Biolóxicas (USC, 1979), título de Grao (modalidade de tesiña) en Ciencias Biolóxicas (USC, 1979) e doutorado en Ciencias Biolóxicas (USC, 1985). É profesora titular do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo (desde novembro 1997) con docencia en primeiro, segundo e terceiro ciclo.
Con anterioridade ocupou os postos de experta en Medio Ambiente no Concello de Santiago (1989-1990), axudante de 2ª etapa (L.R.U.) na Universidade de Vigo (1990-1993) e titular interina da Universidade de Vigo (1993-1997).
Foi secretaria da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo (2004-2007).

 Obras realizadas

Participou en proxectos de innovación docente e asistiu a cursos de formación do profesorado que celebrou a Universidade de Vigo.
Participou en 9 proxectos de investigación financiados, dirixiu 7 teses de doutoramento, doce teses de licenciatura e proxectos fin de carreira, realizou máis de cen publicacións científicas e desde 1982 ten participado en máis de oitenta congresos.
Organizou congresos de Micoloxía e Micromicoloxía nas Universidades de Santiago e Vigo e tamén en Portugal.
Desde 1987 ten participado en multitude de publicacións de divulgación científica.

 Outros datos de interese

Pertence ós comités de varias revistas científicas, por exemplo: Publicaciones de Flora Micológica Ibérica; Anais da Associaçao Micologica "A Pantorra". Mogadouro (Portugal); Boletín de la Sociedad Micológica de Madrid; Mykes (Vigo, 1998-2006) e “Braña. Revista da SGHN” (Santiago. 1987-1997).

IDIOMAS: Francés: escritura e fala: nivel medio, lectura: nivel alto. Inglés: lectura e escritura: nivel medio. Portugués: escritura, lectura e fala; nivel alto.