Teo Manuel Abad


Categoría: Director e realizador
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Formou parte do primeiro “cine galego” dos anos 70, sendo membro do equipo de cine “Imaxe” e do colectivo de arte “A Carón”. A partir dos 80, participou na fundación da primeira produtora audiovisual de Galicia, Espello Vídeo Cine, S.A. creando posteriormente Triax S.A. , Zenit S.A. e na actualidade, Formateo S.L.; Incorporase dende a súa fundación a Televisión de Galicia onde foi Xefe de Realización de Programas.Pertenceu a xeración galega de videoartistas dos 80, sendo seleccionado polo Museo de Arte “Reina Sofia” para os seus “Visionarios Españoles” (con “365”), na 'Bienal de la Imagen en Movimiento' dos 90. Posteriormente na 'Muestra Internacional del Festival de Cine de San Sebastian' (con “Denantes”), na Universidade Internacional Menéndez Pelayo e o Museo Español de Arte Contemporáneo (con “O neno con pernas de pomba”); así como obra permanente no Centro Galego de Arte Contemporánea (“Prologo”).Formou parte da Comisión de Imaxe de Nova Escola Galega, da 'Oficina Permanente de Pedagogía de la Imagen' (Xixón), da Comisión Oficial fundadora da Escola de Imaxe e Son da Coruña e da Xunta directiva fundadora da primeira Academia Galega do Audiovisual. Colabora en Portugal desde 1993 coa produtora de Lisboa “Comunicasom” para a cadena S.I.C.

 Obras realizadas

Cine e vídeo: “Contar”, “Denantes”, “365”, “Prólogo”, “Intervalo”, “Hardo”, “O neno con pernas de pomba” e “La fosa atlántica”.
Documentais: “Flores Tristes”, “Sexo, entre o ceo e a terra”, “Amalia, última noticia” e "Lendas do mar”.
Series de ficción: “Pequeno Hotel”.
Musicais: “Luar”, “Mar a mar” e “Son de estrelas”.
Magazines: “Encontros” e “Corazonada”.
Humor: “O mellor” e “Con perdón”.
Experimentais: “A mellor televisión do mundo” e “TV pirata”.
Docudrama: “A vida Aberta”.
Campañas: “Galicia Terra Única” e “Xacobeos”.
Concertos: “Elton John”, “Santana” e “Lito Vitale”.
Eventos especiais: “A Fala”, “Luar da Solidariedade”…Portugal: “Minas e Armadhillas”, “S.I.C. 10 horas”, “Fátima Lópes”, “As dúas por tres” e “Boca a Boca”.
 

 

 Outros datos de interese

-Como fotógrafo, fixo exposicións nas salas Anue, Os Arcados e Mestre Mateo.
-Correspondente gráfico na primeira revista en galego (“Teima”).
-Selección no primeiro Anuario Fotográfico Español (“Quinta Generación”) de “Nueva Lente”.-Libros: “Televisión e Sociedade”. Ed. Lea.