Xosé María Mosqueira Manso


Categoría: Mariño Mercante
Data de Nacemento: 17 de outubro de 1886 (†13 de maio de 1968)
Lugar de Nacemento: Corme - Ponteceso (A Coruña)
 Currículum

Xa desde neno sentiu unha grande vocación polo mar e soñaba con embarcarse. Despois de finaliza-los seus estudios primarios e secundarios, estudiou na Escola Náutica para capitán da Mariña Mercante. Cando tiña vintecinco anos, casou con Honorina Viciño e tivo dous fillos. Durante a súa traxectoria profesional foi oficial da reserva naval española, subdelegado marítimo en Sevilla e subdelegado de pesca na Coruña e Ribeira. En 1941 chegou a Venezuela e foi contratado como técnico pesqueiro do Ministerio de Agricultura e Cría. En 1960 viaxou a Arxentina para entrevistarse con Luis Seoane, que dirixía a Editorial Citania e lle editou o seu libro As tartarugas do Orinoco.

 Obras realizadas

Estas son algunhas das súas publicacións máis importantes: Bioloxía da pescada. As súas variedades étnicas e sexuais. A súa pesca, Tres Cartas de Pesca, Ostras e Perlas nas costas venezolanas, Os Cupleidos (A sardiña) e As Tartarugas do Orinoco.

 Outros datos de interese

Foi membro da Sociedade Venezolana de Ciencias Naturais e do American Museum of Natural History e membro honorario da Sociedade de Ciencias Naturais La Salle.