Segunda de seis irmáns, trasladouse ós catorce anos a Santiago xunto coa súa familia para seguir o bacharelato, e dende entón reside nesta cidade. Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación (Psicoloxía) e actualmente traballo nun IES da zona do Barbanza.
Premio de narrativa “VII Concurso Relatos de mujer Matilde Bares”de Bueu (Pontevedra) pola obra “Lola”, 2011.
“II Premio de Poesía Victoriano Taibo” ex aequo pola obra “Cuarto minguante”, Gondomar (Pontevedra). Ed. Instituto de Estudos Miñoranos, Pontevedra, 2009.
Premio de narrativa “V Concurso Relatos de mujer Matilde Bares”, Bueu (Pontevedra) por “Días de namorar”, 2009, publicada no recopilatorio “Póquer de d(r)amas”. Ed. Rinoceronte, 2011.
Mención especial no “Premio Nacional de Narracións Cortas Modesto R. Figueirido”. Fundación Pedrón de Ouro, polo relato “¡Ai, padriño!”, publicado en “Premios Pedrón de ouro XXXIV, XXXV”, Edicións do Castro, A Coruña, 2011.
Primeiro premio do “XII Certame Nacional de Poesía Manuel-Orestes Rodríguez López”, Concello de Paradela (Lugo) co poemario “No nome da nai”, 2007.
Accésit do “X Certame de Poesía Francisco Añón”, Concello de Outes (A Coruña) co poemario “Nas marxes do Tempo”, 2006.
Primeiro Premio do “Certame Rosalía de Castro” do Centro Galego de Santander pola obra “Escolma”, 2004.