É licenciado e doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade Complutense de Madrid, especializado en Medicina Nuclear, Radioterapia Oncolóxica e Oncoloxía Clínica. Polo que respecta ó seu labor docente, foi profesor xefe do Servicio de Medicina Nuclear do Hospital Xeral Universitario, profesor de Radioloxía e Medicina Física (asignatura de Medicina Nuclear) da Facultade de Medicina da Universidade Complutense, director docente da Escola de Técnicos Especialistas en Medicina Nuclear e xefe de estudios da Escola Profesional de Post-Graduados en Electroradioloxía do Hospital Provincial de Madrid e a Facultade de Medicina na Universidade Complutense (1974-77). Está en posesión do nivel V (Consultor Senior), máximo nivel alcanzable na Carreira Profesional Hospitalaria da C.A.M. Foi médico residente do Instituto Gustave-Roussy (Villejulf–París) no servicio de Curiterapia (Prof. Chassegne) e no Departamento de Investigacións Oncolóxicas (Prof. Mathé) e médico asistente do Departamento de Teleradioterapia e Curiterapia na Fundación Curie (París). Realizou un master en Dirección de Hospitais na Escola de Xerencia Hospitalaria (Ministerio de Sanidade e Consumo) e varias estancias de perfeccionamento no estranxeiro. É supervisor de Instalacións Radioactivas do Consello de Seguridade Nuclear, director científico do Centro de Investigacións Nucleares Clínicas Asociadas e académico de número e vicepresidente primeiro da Academia Médico-Cirúrxica Española.
É autor de 101 publicacións, comunicacións, relatorios e leccións presentadas e dictadas en congresos, simposiums e cursos nacionais e internacionais. Ademais, é autor e coautor de seis libros da especialidade e realizou vintedous cursos de perfeccionamiento e actualización en diversos centros hospitalarios e universitarios nacionais e estranxeiros.
É membro do Centro Coordinador de Investigacións Oncolóxicas do CSIC e membro español do Working Group on Nuclear Cardiology of the European Society of Cardiology. Ademais, é socio fundador da Sociedade Española de Oncoloxía e membro das seguintes sociedades científicas: Sociedade Italiana de Terapia de Tumores, Society of Nuclear Medicine of USA, Sociedade Española de Medicina Nuclear, Grupo Europeo de Curiterapia, Asociación Española de Hepatoloxía na especialidade de Medicina Nuclear, Sociedade Alemana de Medicina Nuclear, Sociedade Europea de Medicina Nuclear, Sociedade Española de Directores e Xerentes de Hospitais, Sociedade Española de Protección Radiolóxica, Asociación de Radioterapia e Oncoloxía, Asociación Española de Senoloxía e Patoloxía Mamaria e Sociedade Española de Resonancia Magnética Nuclear. Tamén é vicepresidente primeiro da Asociación de Médicos Galegos (ASOMEGA) e cofrade da Enxebre Orde da Vieira e foi galardoado co Premio Nacional de Sanidade en 1996 e a distinción Madrigalego de Ouro ó Mérito da Medicina no ano 2000.