Cursou a EXB no Colexio Público Xosé Manuel Folla Respino.
Con 19 anos marcha a Burela (Lugo) a traballar de camareira nun restaurante.
Volta ó cabo dun ano e sácase o título de corte e confección nunha academia, ainda que non exerceu apenas de modista.
Ós 25 anos comeza a traballar nas canteiras embalando louxa, onde está máis de catorce anos, ata que enferma e lle dan a incapacidade.
Dende entón, agás un pequeno traballo por horas no sindicato, combina o activismo cultural, sindical, político e social, sempre que pode.
1º Premio de poesía do XXIII CERTAME MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ do Concello de Paradela (Lugo).