Maximino Fernández Queizán


Pseudónimo:Maximino Keyzán
Categoría: Director e autor de teatro
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

Licenciado en Dereito e perito pola Escola de Artes Aplicadas de Madrid, cursou estudios de Arte Dramático en Madrid e Londres. No seu extenso traballo como director de teatro, dirixiu máis de cincuenta postas en escena. Como profesor, imparte Interpretación, Historia da Arte, Estética, Historia do Teatro e Historia da Moda. Como autor, escribe numerosos ensaios, artigos, críticas e textos dramáticos. Foi director do Teatro Experimental da Universidade de Santiago (1960-62), Teatro Universitario (1962), Teatro de Cámara da Academia Victoria de Vigo (1963-66), Teatro Universitario "Landirás" de Madrid (1965), Teatro Popular Galego (1966), Teatro Popular Keyzán, do que tamén foi o creador (1967-94), Centro Dramático Galego (1991) e a Escola de Teatro Municipal de Vigo (1999-2003). Ademais, foi profesor do Taller de Teatro da Escola de Artes de Vigo (1979-81).

 Obras realizadas

Das máis de cincuenta postas en escena dirixidas, destacan polo éxito de público e crítica: El yermo de las almas, de Ramón Mª del Valle-Inclán (1965), La excepción y la regla, de Bertolt Brecht (1967), Cuento de abril, de Ramón Mª del Valle-Inclán (1970), La puerta del Paraíso, de Miguel Cobaleda (1972), Polinice, do propio Maximino Keyzán (1976), A raposa e as uvas, de Guilherme Figueiredo (1985), Así é, se vos parece, de Luigi Pirandello (1991) e Farsas, de Eduardo Blanco Amor (2004).

 Outros datos de interese

Tamén é conferenciante, actor, recitador e editor. É especialista no teatro de Valle-Inclán e de Blanco Amor.