Santiago Prego Cabeza


Pseudónimo:Santi Prego
Categoría: Actor
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Realizou cursos de interpretación con Ernesto Caballero, Paco Pino, Philippe Gaulier, Antonio Fava, Erik de Bont, Fabio Mangolini e John Wright, entre outros. É o fundador das compañías ‘Ollomol-teatro submarino’ e ‘Ollomoltranvía’.

 Obras realizadas

Participou como actor de teatro nos seguintes espectáculos: coa Escola Dramática Galega en ‘Mozart e Salieri’ de A. Pushkin e ‘Nosferatu’ de Manuel Lourenzo (1987), coa compañía ‘Norberto di Giorno’ en ‘Otro Mundo’ de Manuel Lourenzo (1988), con ‘Falcatrua’ en ‘Nun país tan lonxano’ de E. Losada (1988), co Centro Dramático Galego en ‘Espectros’ de Otero Pedrayo (1988) e ‘A Comedia do Gurgullo’ de Plauto (2003), ‘Un soño de verán’ de W. Shakespeare e ‘Don Hamlet’ de A. Cunqueiro (1992), con ‘Ollomol Teatro Submarino’ en ‘Moleques’ de M. Orsi (1989) e en ‘Fas e Nefas’ de E. Blanco Amor (1991), con ‘Produccións do Noroeste’ en ‘Rei Lear’ de W. Shakespeare (1990) e ‘Mahagonny’ de B. Brecht (1998), con ‘Ollomoltranvía’ en ‘Commedia’ de C. Goldoni (1993), en ‘Raíñas de Pedra’ (1994) e ‘O Rei Nú’(1996) de C. Pazó, en ‘Escola de Bufóns’ de M. de Ghelderode (1997), en ‘Qui Pro Quo’ de E. Calvo e otros (1998), en ‘Ñiki-Ñaque’ de C. Pazó (2000) e Policía de Mrozeck (2001), con ‘Bucanero’ en ‘Tres Notas’ de J. Prieto (2002), en ‘Monólogo do imbécil’ de J. Prieto (2002) e con ‘Teatro do Atlántico’ en ‘Pervertimento’ de Sanchis Sinisterra (2002).
Como autor (en colaboración), realizou ‘Qui Pro Quo’ con ‘Ollomoltranvía’ (1998) e ‘Os Palleiros’ con ‘Caroza Teatro’.
Como director: ‘O Bosque animado’ de W. Fernández Flórez con ‘Teatro Buratini’ (1999), ‘O Pazo de Papel’ de W. Fernández Flórez con ‘Teatro Buratini’ (2000), ‘Os Palleiros’ de J. Prieto con ‘Caroza Teatro’ (1999), ‘Os Carros do Camiño’ de Rafa Rodríguez con ‘General Producciones y Diseño’ (Codirección) (1999) e Animación de Rúa parque temático ‘Terra Mítica’ de Rafa Rodríguez con ‘General Producciones y Diseño’ (Codirección) (2000), Ruada (animación para a empresa R) de Santi Prego con ‘Trebellar’ (2000), ‘Jansel e Pónsel’ de J. Prieto con ‘Bucanero’ (2001) e ‘Tres Notas’ de J. Prieto con ‘Bucanero’ (2002).
LONGAMETRAXES:
‘Martes de Carnaval’ de P. Carvajal e F. Bauluz (1990), ‘Baile de Animas’ de Pedro Carvajal e ‘A metade da vida’ de Raul Veiga (1994), ‘Sé quién eres’ de Patricia Ferreira e ‘Lena’ de Gonzalo Tapia, ‘El Alquimista Impaciente’ de Patricia Ferreira (2001), ‘El lápiz del Carpintero’ de Antón Reixa e ‘Ilegal’ de Ignacio Vilar (2002), ‘Ojos que no ven’ de Pancho Lombardi (2003) e ‘La vida que te espera’ de Manuel Gutiérrez Aragón e ‘Para que no me olvides’ de Patricia Ferreira (2004).
TV MOVIES:
‘Entre Bateas’ de Jorge Coira (2001), ‘Secuestrados en Georgia’ de Gustavo Balza (2002), e ‘Autopsia’ de Milagros Bará, ‘Cota Roja’ de Jordi Frade e ‘La Rosa de Alejandría’ de Rafael Monleón (2003).
CURTAMETRAXES:
‘Manoel Antonio’ de J.A.Jiménez (1978), ‘Décimo Aniversario’ de Alber Ponte (1998), ‘El Río tiene Manos’ de Beatriz del Monte (2000) e ‘Baseado en feitos que puideron ter acontecido’ de Ozo Porteiro, ‘Redondeo’ de Pablo Iglesias e ‘El Artista’ de Mario Iglesias (2004).
VÍDEO (curtos e pilotos):
‘Procedimiento A-3’ de Pedro M. Presedo (1988), ‘Aldán e Elva’ de Carlos A. López Piñeiro (1991), ‘A Ruta dos muíños’, da Escola de Imaxe e Son (1999) e ‘Jalisco’ de Jorge Valcárcel (2002).
TELEVISIÓN - SERIES:
‘Pratos Combinados’ (1995), ‘Galicia Express’ (2000), ‘A Familia Pita’ (1997), ‘Mareas Vivas’ (1998), ‘Terras de Miranda’ (Teleserie) (2001), ‘Rías Baixas’ (Teleserie) (2002-04), ‘Compañeros’ (2002), ‘Hospital Central’ (2002) e ‘La sopa boba’ (2004).
TELEVISIÓN – MISCELÁNEA:
‘Superamigos’ (Infantil) (1999), ‘Apaga a lus’ (narración oral) (2001), ‘Saúde, diñeiro e humor’ (sketch) (2000), ‘O Rei da Comedia’ (sketch) (2003) e ‘Galegos no espacio exterior’ (sketches) (2004).

 Outros datos de interese

Foi galardoado coo premio ó mellor actor na categoría de cine nos festivais de curtametraxes de Alcalá de Henares (2001) e de Zaragoza (2001).
Ademais, colaborou como contacontos e narrador oral no programa de TV ‘Apaga a lus’, na Universidade de Santiago no marco dos cursos de español como lingua estranxeira (1998, 1999, 2000, 2001, 2002 e 2003), na de Varsovia e na de Cracovia – Polonia (2002) e na de Braga - Portugal (2003), na Radio Galega e como contacontos para nenos en campañas de animación á lectura e contacontos en pubs e bares.
Web: www.santiprego.com