Maruxa Olavide


Categoría: Pintora e escritora
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Cursou estudios en Madrid. Xa desde nena sentiu unha gran paixón por tódalas artes. Foi unha grande viaxeira e a súa experiencia levouna a plasma-las súas inquedanzas na pintura, literatura, música e poesía. Autodidacta, pintou os seus primeiros cadros no estudio do pintor arxentino Rafael Usandivaras.

 Obras realizadas

Levou a cabo exposicións individuais na Sala do Palacio Municipal da Coruña (1972), Círculo das Artes de Lugo (1974), Sala da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña (1979) e no Casino de Viveiro - Lugo (1983 e 1998). Posteriormente interveu en varias exposicións colectivas en Madrid, A Coruña, Ferrol e Viveiro (Lugo). No campo da literatura, Maruxa ten especial predilección polos versos populares, polos contos (tanto para nenos como para adultos) e polas crónicas sociais. Colabora diariamente en El Ideal Gallego coa sección "Las Cosas de Maruxa", en El Correo Gallego con receitas diarias, unha páxina semanal titulada "Personas y Cosas", entrevistas e crónicas sociais, en El Heraldo de Viveiro, etc. Entre as súas obras podemos destacar Las memorias de una bizca (Premio "Vieira de humor"), a colección de contos infantís Y Colorín (libro bilingüe, castelán-galego), os libros de narrativa galega Os contos de Xoaquín (Edicións do Castro) e As veladas con Xoaquín e o libro infantil Las Cinco Amigas de Edicións Everest. Recentemente publicou o libro Personas y cosas de La Coruña y su entorno e aínda ten inéditos tres libros de poemas: Mujer en vela (bilingüe, castelán-galego), Deixa que o tempo envolva os soños (galego) e Experiencias (galego). Ademais, ten en proxecto un libro de cociña titulado Menú del Día e outro de crónicas sociais, ámbolos dous recompilan respectivamente as receitas diarias e a serie "Personas y Cosas" publicadas en El Correo Gallego.