Pablo Carballido del Camino


Categoría: Tenor, profesor de canto e director de coro
Data de Nacemento: 11 de maio de 1966
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Realiza os seus estudios no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, e gradúase en 2001 na especialidade de Canto e baixo a ensinanza de Antón de Santiago, obtendo as máximas calificacións e Premio Extraordinario.
Asiste a clases maxistrais de canto con importantes figuras como Marimí del Pozo, Helena Lazarska, Ana Luisa Chova, María Bayo, repertorio con Alejandro Zabala, Istvar Cerjan, interpretación escénica con Emilio Sagi e dirección coral con Javier Busto, Gorka Sierra e Julio Domínguez. Con Scott Stroman, director e compositor, profesor da Guildhall School de Londres, traballa na montaxe da súa obra "Misa de Jazz" e o espectáculo "Gospel", "Gloria"RV 589 de A. Vivaldi e “El Mesías” de G.F.Händel, con alumnos e profesores da Escuela Municipal de Música da Coruña.

 Obras realizadas

Membro solista da Agrupación Lírica "Ofelia Nieto" e do grupo "Magníficat" de Música Relixiosa, realizada con ambas agrupacións numerosas representacións e recitais de ópera, zarzuela e música relixiosa en sendas xiras polos máis importantes escenarios da nosa comunidade, con obras como "Dido y Eneas" de H.Purcell, “El Barberillo de Lavapiés”, de Barbieri, "La del Manojo de Rosas" de P. Sorozábal, “La Gran Vía” de Chueca, "Stabat Mater" de Boccherini, "El Mesías" de G.F. Händel, "Le Roi David" de Honnegger e “Petite Messe Solennelle” de Rossini.
Colabora como solista habitualmente nos Festivais de Amigos da Ópera e Festival Mozart da Coruña baixo a batuta de directores de fama mundial e xunto a primeirísimas figuras da lírica.
Realiza para a Universidade de A Coruña o estreno absoluto en recital do papel de Pedro Madruga, protagonista da ópera “Inés e Bianca” do compositor galego do século XIX Marcial del Adalid, incompleta, reintegrada e publicada en 2007 pola Xunta de Galicia.
Desenvolveu a súa laboura pedagóxica da música en diversos centros, e dende 1998 ata a actualidade, na Escola Municipal de Música da Coruña como Profesor Titular de Canto e Director do Coro da Escola. Imparte habitualmente cursos e seminarios de Canto e Técnica Vocal tanto para coros como para estudiantes de canto. Foi Director Auxiliar da Coral Polifónica “EL Eco” e Titular da Coral Infantil “El Eco” e do Coro Sta. María do Mar. Traballou como mestre de técnica vocal do Coro Universitario da Coruña e do Coro de Cámara "Madrigalia".
Director Titular do Coro Infantil e Xuvenil "Cantabile" dende a súa fundación, agrupación distinguida con numerosos galardóns: Mencionada e destacada nas súas intervencións pola súa grande calidade técnica e musical. Xunto a eles, participou en numerosos concertos, xiras, actos protocolarios e Festivais de Ópera (“La Dolores”, “Tosca”, “Carmen”, “La Boheme”). Posúen dous traballos discográficos, “Cantabile” con repertorio coral e “Vivaldi” dedicado á obra sacra deste compositor, con orquesta formada por profesores da OSG. Grabado a banda sonora da longametraxe de animación “De Profundis”, de Miguel Anxo Prado e Nani García, xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia. A nivel internacional participou con grande éxito no Certame Internacional de Polifonía de Pesaro (2004) e en xira por Austria (2005), actuando na Catedral de S. Esteban de Viena, Abadía de Altenburg e Convento de Franciscanos de Salzburgo, Casa de España de Lisboa (2007), 3º Premio no Concurso Nacional de Coros “Antonio José” (2008), celebrado en Burgos.

 Outros datos de interese

É también Graduado en Artes Aplicadas, especialidade de Volume (escultura) e Restauración.