Elías Regueira García


Categoría: Fotógrafo e deseñador gráfico multimedia
Data de Nacemento: 14 de abril de 1969
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Actualmente é director de arte e fotografía de Az Comunicación e deseñador do Faro de Vigo. Comezou a súa traxectoria laboral como fotomecánico en Diario 16 de Galicia, pasando despois ó departamento de Maquetación, Edición e Sistemas do mesmo xornal. Tamén como deseñador, infografista e publicista formou parte de Atlántico Diario, MetaSport e Anuntis. Como fotógrafo traballou varios anos para ‘Metrópolis’ e sempre pola súa conta como ‘freelance’.

 Obras realizadas

- Últimos traballos de deseño:
. Redeseño de Faro de Vigo, decano da prensa española.
. Redeseño e creación da nova cabeceira de 'O Comercio do Porto', decano da prensa portuguesa.

- Últimas Webs deseñadas:
www.javierteniente.com , para o fotógrafo Javier Teniente.
www.irindo.com , web da editorial Irindo.

- Última exposición fotográfica:
Universidade de Milán: 'Problemática infantil en el mundo'.

 Outros datos de interese

web: www.eliregueira.com