A principios do século XIX trasladouse á Habana, traballando como aprendiz de botica. En 1913 conseguiu o título de Mestre Boticario. Na súa botica atendeu desinteresadamente a moita xente sen recursos. Foi, ademais, un gran investigador.
Cando morreu deixou a súa fortuna para obras benéficas, entre as que destaca a Escola de Zapata, inaugurada en 1873. Ten unha rúa dedicada na Habana.