Rubén Rodríguez Rodríguez


Pseudónimo:Rubén Riós
Categoría: Actor e produtor
Data de Nacemento: 16 de agosto de 1980
Lugar de Nacemento: Riós (Ourense)
 Currículum

Nace en Riós, un pequeno pobo do sueste da provincia de Ourense onde crece e estuda ata a maioría de idade. Desta aldea, toma o nome artístico e pasa a chamarse Rubén Riós.

 

En 2000 ingresa na Escola Municipal de Teatro de Vigo, onde realiza os seus estudos en arte dramática durante tres anos. Ao rematar a súa formación, comeza a súa carreira profesional como actor en diversos programas e shows televisivos da Televisión de Galicia e en series de televisión de recoñecida fama nacional.

En 2004, xorde a súa grande oportunidade: entra a formar parte do reparto de 'Libro de Familia', como Marcos e pasa a ser persoaaxe protagonista, nunha serie que se emite ata 2013 en prime-time de domingo da Televisión de Galicia. Interpreta persoaxes principais en múltiples curtametraxes e finalmente en 2007, dá o salto á gran pantalla coa película Pradolongo de Ignacio Vilar e  continúa traballando en diferentes proxectos de cine. Ese mesmo ano estrea o 'Festival do Sétimo Arte', que dous anos despois co falecemento do profesional e amigo Abelardo Gabriel (Don Román en 'Libro de Familia') pasa a chamarse 'Festival das Artes Escénicas de Riós Abelardo Gabriel', e organiza e dirixe na súa vila natal.

Sorprende a todos como director e produtor de 'Adeus Edrada?', gañando o 'Premio Mestre Mateo' á Mellor curtametraxe galega, premio que obtería co seu seguinte traballo como director en 2009 coa obra Coser e cantar.

Ademais da súa formación na Escola de Teatro, realiza varios cursos de formación:

• Maxia cómica con Pablo Muñoz.

• Comedia da Arte (Escola Municipal de Teatro de Vigo).

• Curso de monólogos con Eva Hache e Javier Veiga.

• Curso de voz e ortofonía con Marta Pinillos.

• Curso de guión con Syd Field.

• Curso de produción de curtametraxes, con Borja Cobeaga e Nacho Vigalondo.

• Curso de improvisación con Leo Bassi.

Actualmente, atópase desenvolvendo novos proxectos personais como produtor ademais de encarnar a Marcos nun dos personaxes protagonistas da serie 'Libro de Familia', e presentar 'Vilamor', a nova película de Ignacio, na que interpreta a Breixo, un seminarista que entra nunha comuna hippie e comeza a desorientarse.

 Obras realizadas

COMO ACTOR

PROGRAMAS E SHOWS DE TELEVISIÓN:

2004. O Rei da Comedia (TVG).

2004. Luar (TVG).

2004. Supermartes (TVG).

 

SERIES DE TELEVISIÓN:

2005. Pratos Combinados.

2010. Piratas (Telecinco), como Mercader.

2004-2013. Libro de Familia (TVG) como Marcos.

2009-2010. Matalobos (TVG) como Salva.

2012. Escoba (TVG) como Álex.

 

CURTAMETRAXES:

- Nueve.

- Después del Sol.

- Adeus Edrada?

- Mínimo Común Múltiplo.

- Coser e Cantar.

- Carne Cruda.

 

SPOTS PUBLICITARIOS:

2010. Vive en Galego, para Microsoft. Claqueta Coqueta.

 

DOCUMENTAL:

O Camiño de Santiago: A Orixe.

Na Terra das Castañas (Región).

 

TV-MOVIES:

A Mariñeira de Quilmas.

O Bosque de Levas.

 

CINE:

2008. Pradolongo, de Vía Láctea Films, como Martiño (protagonista).

2011. Vilamor, de Vía Láctea Films, como Breixo (protagonista).

 

COMO DIRECTOR E PRODUTOR

CURTAMETRAXES:

2007. Adeus Edrada?, de Claqueta Coqueta.

2009. Coser e Cantar, de Claqueta Coqueta.

 

SPOTS PUBLICITARIOS:

2010. Vive en Galego, para Microsoft. Claqueta Coqueta.