Miguel Anxo Araujo Iglesias


Categoría: Filósofo, teólogo, crego, bispo e escritor
Data de Nacemento: 20 de xaneiro de 1920 (†22 de xullo de 2007)
Lugar de Nacemento: Sabadell - Pereiro de Aguiar (Ourense)
 Currículum

Fixo os seus primeiros estudios na escola mixta rural, ademais de traballos rurais. Ós oito anos preparou o ingreso no Instituto Provincial único de Ourense. Ós dez anos ingresou no mesmo. Estudiou o Bacharelato na Universidade Pontificia de Comillas (Cantabria). Ós dezaoito anos foi soldado na Guerra Civil española (1938-1939). Licenciouse en Filosofía en 1941 na Universidade de Comillas e en Teoloxía en 1945. Ese mesmo ano é ordenado sacerdote e deu a súa primeira misa en Parderrubias (A Merca) o 29 de xullo de 1945. Profesor do Seminario Maior de Ourense (1945-1970). Rector do mesmo no período 1956-1966. Cóengo da Catedral de Ourense (1960-70). Foi consagrado Bispo de Mondoñedo-Ferrol o 6 de setembro de 1970. Bispo de Mondoñedo-Ferrol de 1970 a 1985. Bispo Emérito de Mondoñedo-Ferrol (1985). Colaborador de La Región (1958-1965) e de La Voz de Galicia. Membro das Comisións Episcopais de Apostolado Segrar, Medios de Comunicación Social, Emigración da Conferencia Episcopal Española. Membro do Concilio Pastoral de Galicia.

 Obras realizadas

Publicou en 1975 unha Pastoral sobre a Igrexa e a Lingua Galega; Escritos Cristiáns sobre problemas, Personaxes e Conflictos de Galicia, ed. Do Castro, 1987; Palabras para os amigos, ed. Do Padroado Otero Pedrayo, 1989; Escritos Pastorais, ed. Do Castro, 1990; Oracional Galego, ed. SEPT, 1991; Memoria de Vids, ed. Ir Indo, 1996; Os Bispos de Galicia e o Concilio Vaticano II, 1996; A Merca, Antropoloxía dun Concello Galego, ed. Ir Indo, 1997; San Rosendo, Bispo e Fundador, Parroquia de Celanova, 1999.

 Outros datos de interese

Recibiu varios premios: Pedrón de Ouro, 1978; Membro Numerario da Real Academia Galega, 1978; Medalla Castelao, 1988; Galego de hoxe, 1988; Premio Trasalba, 1989; Grelo de Ouro, 1992.