Foi portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Lugo. Durante o Goberno de coalición co PSOE, na anterior lexislatura, ocupouse das áreas de Economía e Turismo. Foi concelleiro desde 1995 e ocupou o cargo de portavoz desde o ano 2003.
Foi portavoz do BNG na Deputación Provincial de Lugo no período 1995-2005 e foi elixido deputado do BNG no Parlamento galego, acta á que renunciou ao ser nomeado conselleiro de Innovación e Industria, en agosto de 2005.
Profesionalmente Fernando Blanco é traballador de Telefónica, onde desempeñou o seu labor como supervisor de loxística. Actualmente está en excedencia.
Ten 2 fillos.