Rubén Camilo Lois González


Categoría: Director Xeral de Turismo
Data de Nacemento: 1961
Lugar de Nacemento: Palas de Rei (Lugo)
 Currículum

Foi director Xeral de Turismo da Consellería de Innovación e Industria de 2005 a 2009. Con anterioridade fora decano da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, na que obtivo o Premio Extraordinario de Doutorado en Xeografía no ano 1991.

 Obras realizadas

O seu labor está moi ligado á actividade investigadora. Así, é dende 1992, membro do Comité Científico do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega), no que exerce como coordinador da área de traballo Estudos Territoriais e Ordenación do Territorio. Dende 1995 é membro do Consello Editor da colección Documentos de Traballo do Idega e coordinador da área de Xeografía. É, así mesmo, investigador principal do grupo 040-06 da Universidade de Santiago de Xeografía Urbana e Xeografía social. Exerceu tamén, entre 1995 e 1999, como investigador asociado da Unité Mixte de Recherches (UMR) do CNRS francés, Espaces géographiques et Societés das universidades de France Ouest (Angers, Caen, Le Mans, Nantes e Rennes).

 Outros datos de interese

Autor dun total de oitenta libros e capítulos de libros e de máis de corenta artigos publicados en revistas científicas, ten dirixido doce teses doutorais e 23 tesinas.