Yago Rodríguez Yáñez


Categoría: Escritor e profesor
Data de Nacemento: 8 de decembro de 1980
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado con Grao en Filoloxía Hispánica e Premio Extraordinario de Licenciatura. Presentou a tesiña titulada “El Alma en el verso: ‘Ode on a Grecian Urn’ y la obra de John Keats”. Colaborou na docencia da materia “Literatura Inglesa I” na Facultade de Humanidades durante os cursos 2004-2005 e 2005-2006. É doutor dende os 25 anos en Filoloxía Inglesa coa Tese “La propuesta lírica de John Keats. Belleza y verdad: Interpretación, antecedentes e influencias de las “Great Odes”, publicada pola Universidade de Santiago de Compostela (2006) e coa que obtivo a acreditación de Doutor Europeo e a cualificación de Sobresaliente cum laude por unanimidade. Realizou estadías de investigación na British Library e na Senate House Library (Londres), entre outros centros.

 Obras realizadas

Presentou numerosos traballos en Congresos e Xornadas tanto de Literatura coma de Lingüística. Entre estes últimos traballos atopamos “Breve estudio histórico-comparativo de las frases hechas en francés y en español” (2005) e “Acercamiento tripartito a la fraseología: gallego, español y francés” (2006).
Os seus intereses diríxense cara os románticos ingleses, especialmente John Keats, con estudos coma os titulados “Sense, meaning and influences in John Keats’s ‘To Autumn’”, presentado en The Versions of Pastoral: The Bucolic Tradition in Anglophone Literature from 1780s to the Present (Northampton, 2005), “Algunos influjos de John Keats y de la poesía romántica inglesa en la lírica hispánica” (2006) ou os aparecidos na revista ‘Moenia. Revista Lucense de Lingüística & Literatura’, cos epígrafes de “Forma y sentido en ‘To Autumn’, de John Keats: interpretación y estudio de sus influjos” (2004) e “La tristeza existencial de John Keats: análisis de ‘Ode on Melancholy’ ” (2006). O 5 de abril de 2008 pronunciou a conferencia “John Keats: las grandes odas o el Romanticismo inglés”, na Aula Magna da Facultade de Letras de Cidade Real, durante o transcurso das Xornadas sobre Literatura Romántica que tiveron lugar nesta cidade. En xullo de 2008 presentará “For a bird’s flight: A comparative study of the nightingale in Coleridge’s, Wordsworth’s and Keats’s works” durante The Coleridge Summer Conference.
Por outra banda, dedícase á reflexión en torno á poesía e á figura de Emilia Pardo Bazán, con artigos publicados en ‘La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán’, titulados, “La nostalgia de la Historia: los sollozos olvidados de La Literatura Francesa Moderna” (2003), “Heinrich Heine y su recepción en España en la época de Emilia Pardo Bazán” (2005), “Estudio y edición de cuatro poemas: ‘Descripción de las Rías Bajas’, ‘Playa del Cantábrico’, ‘La Bahía’ y ‘Pelo Rubio’ ” (2006) ou “Estudio de algunas influencias visibles en la producción poética de Emilia Pardo Bazán” (actualmente en prensa), así como o aparecido na revista ‘Studia Romanistica’, co rótulo de “Rapprochement avec la production lyrique d’Emilia Pardo Bazán: édition de quelques poèmes inédits traduits de l’allemand par Heinrich Heine” (2007).
Céntrase ó mesmo tempo na investigación da vida e obra de Darío Xohán Cabana, sobre quen publicou dous libros en colaboración con José Luis Calvo Vidal, titulados “Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita” (2007) e “A Voz e o Silencio. Bibliografía e estudo en torno a Darío Xohán Cabana” (2007). Dentro da literatura galega, publicará en breve o artigo titulado “A temática existencial na produción lírica de Xesús Rábade Paredes”.
Posúe traballos acerca de Tirso de Molina (“Los sentimientos de las mujeres en El Burlador de Sevilla”, 2005), Miguel de Cervantes (“Amadís – Quijote: análisis comparativo de motivos comunes”, 2005), Miguel Hernández (“Miguel Hernández y John Keats: la búsqueda del infinito o la fusión de las entrañas” (2004) ou Rosalía de Castro, presente este último na revista da Universidade de Ostrava (República Checa) Studia Romanistica, co epígrafe de “Reflexiones en torno a El caballero de las botas azules, de Rosalía de Castro: valoración y significado de su discurso” (2006). Publicou o libro “Helena Villar Janeiro na escola. A visión comprometida dunha escritora multifacética” en ‘Cadernos de Literatura Galega na Escola’ (2006).
Cultiva a faceta poética mediante a participación en diversas revistas, tales coma ‘Evohé. Revista Cultural do Campus de Lugo’, onde publicou as composicións tituladas “Desde mi alma”, “Silencio” ou “Ausencia”, e ‘Xistral. Revista Lucense de Creación Poética’, con “Polo voo dunha ave”. Recibiu o primeiro premio de poesía correspondente ó V Certame Lucus Augusti (2007) grazas ó poema “Ó meu amigo”.
Ó longo do curso 2006-2007 exerceu como profesor no I.E.S. Gregorio Fernández de Sarria (Lugo) e na actualidade é profesor de Lingua Castelá e Literatura no I.E.S. de Monterroso (Lugo). Forma parte do Grupo de Investigación “Lingua e Cultura” do Departamento de Filoloxía Inglesa da Facultade de Humanidades de Lugo. Durante o ano académico 2007-2008 impartirá clases de doutoramento neste último centro, cun curso precisamente sobre o Romanticismo.